Proxecto de consolidación de ASF-Galicia como un referente en materia de dereito ao hábitat
Este proxecto de Arquitectos Sen Fronteiras enfócase a promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos. O obxectivo do mesmo é tornar a ASF Galicia nunha organización referente en materia de dereito ao hábitat dentro do ámbito galego de cooperación a través de dúas estratexias complementarias de cara o interno e externo da organización. De cara o interno da organización preténdese mellorar os mecanismos de xestión e gobernanza, o impacto e calidade dos proxectos e diversificar as fontes de financiamento. Todo isto acompañado de unha estratexia de comunicación externa que visibilice os traballos e logros acadados pola organización.
Obxectivo xeral: Promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecido
Obxectivo específico: Consolidar a ASF-Galicia como un referente en materia de dereito ao hábitat dentro do tecido organizativo galego de Cooperación ao Desenvolvemento
Resultado 1.1. A estrutura de gobernanza de ASF Galicia está fortalecida e ben definida, traballa de forma eficaz e emprega unha comunicación asertiva.
Actividades
A1.1.1: Proceso de facilitación de grupo para traballar unha estrutura de gobernanza eficaz e fortalecida
Resultado 1.2. Mellora a calidade e a impacto das intervencións dos proxectos de ASF-Galicia
Actividades
A1.2.1: Formación en Xestión para Resultados de Desenvolvemento.
A1.2.2: Formación grupal en tecnoloxías e sistemas de información xeográfica - SIX - aplicadas a cartografías participativas.
A1.2.3: Formación en Educación para o Desenvolvemento e a cidadanía global.
A1.2.4: Intercambio de experiencias coa ONGD Enxeñeiros Sen Fronteiras, sobre Tecnoloxías Apropiadas en Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento.
Resultado 1.3. ASF- Galicia diversifica o financiamento dos seus proxectos.
Actividades
A1.3.1: Formación sobre captación de fondos en entidades non lucrativas.
A1.3.2: Formación en vías de captación de fondos para proxectos relacionados coa inclusión social e a vivenda.
Resultado 1.4. Diagnóstico en materia de comunicación/visibilización e plan de implementación de melloras.
Actividades
A1.4.1: Diagnóstico en materia de comunicación/visibilización e plan de implementación de melloras.
A1.4.2: Talleres teórico-prácticos para a formación en comunicación e/ou TICs.
23.105,00 €; 9.242,00 € (2015) e 13.863,00 € (2016)