Proxectos

PROXECTO DE CONSTRUCIÓN E CAPACITACIÓN CENTRO DE FORMACIÓN RURAL CLOVIS MOURA (BRASIL)

OBXECTIVOS

Creación da infraestrutura básica de educación e posterior proceso de capacitación e de formación dirixida ás organizacións de campesiñas e campesiños do Movemento dos Sen Terra (MST) no Estado de Piauí. A construción deste centro non solo mellorará o nivel de educación e formación dos campesinos e campesiñas neste Estado, senón tamén, a promoción da participación dos campesiños e campesiñas no proceso de toma de decisións e na xestión dos recursos do proxecto.

POBOACIÓN BENEFICIARIA

Directa: 39 comunidades de campesiñas e campesiños organizadas en 23 asentamentos e 16 campamentos que agrupan a 3.637 unidades familiares o que corresponde a unha poboación de 15.755 habitantes
Indirecta: O resto dos traballadores e traballadoras do rural das organizacións e asociacións vencelladas á Vía Campesiña e por ende a poboación rural do Estado, que suma 1.417.000 habitantes

ACCIÓNS

- Adquisición do terreo para a  edificación do Centro de Formación e aloxamento na cidade de Teresina, capital do Estado de Piaui
- Contratación do equipo técnico e man de obra cualificada
- Coordinar a brigadas de traballadores e traballadoras para a fabricación de material nos asentamentos e acampamentos así como os turnos de man de obra básica
- Adquisición dos materiais necesarios para a construción así como para as instalacións eléctricas, telefónicas e hidrosanitarias
- Equipamento das aulas, habitacións e cociña cun espazo dedicado aos rapaces das mulleres que asisten aos cursos
- Celebración do encontro estatal de educadores/as da reforma agraria

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BRASIL
Zona de actuación: 
Piaui (estado)
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Axudas: 

54.142,78 EUROS