Proxectos

PROXECTO DE CONTINUACIÓN DE APOIO ACADÉMICO E INSTITUCIONAL AO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN ECONOMÍA DA UNIVERSIDADE DE LA HABANA

Formación en investigación. Tutela do programa de doutoramento.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
Santiago de Cuba (provincia)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

FACULTADE DE ECONOMÍA DA UNIVERSIDADE DA HABANA

Código CRS: 
11420 - Educación universitaria
Obxectivos: 

Contribuír de xeito significativo ás demandas sociais de capacitación e cualificación de profesionais na área de economía, concretamente en  Políticas Públicas e Planificación da Economía Nacional, Integración Económica, Regulación Económica e Metodoloxía das Ciencias e Economía Política, en correspondencia coas necesidades da economía cubana ante o escenario internacional que afronta.

Resultados e actividades: 

1. Reunións de avaliación e seguimento de membros do Comité de Coordinación do programa, ou no seu defecto, de profesores delegados. Tres en Santiago de Compostela e outras tres en La Habana, dunha semana de duración cada unha.2. Etapa de formación teórico-metodolóxica: docencia presencial na Universidade de la Habana para impartir materias do Programa de Doutoramento e participar en talleres de avances de investigación a cargo de oito profesores da USC, por períodos de 1 ou 2 semanas.3. Continuar desenvolvendo o sitio web, Aula Virtual, dos Programas de Doutorando en ambas universidades para complementar a docencia presencial cun compoñente docente semipresencial e construír un espazo de referencia científica nos temas centrais de investigación, contribuíndo tamén á súa divulgación no ámbito nacional e internacional.4. Dotar á Facultade de Economía da Universidade de La Habana de material bibliográfico, así como de insumos imprescindibles para a continuidade do Programa de Doutoramento en Economía.5. Actividades de coordinación e xestión.6. Desenvolvemento da segunda etapa do Programa de Doutoramento: formación como investigador, a través de labores de dirección e titoría, e implementada mediante talleres de Investigación na Universidade de La Habana.7. Incorporación de seis estudantes do Programa de Doutoramento en Economía da Universidade de La Habana a Programas de Doutoramento da USC.8. Estancia de investigación de 2 meses de duración na USC, 2009 e 2010, por parte de seis estudantes do Programa de Doutorado en Economía da Universidade de La Habana, que no segundo curso do Programa de Doutoramento realizarán o correspondente “traballo de investigación tutelado” baixo a dirección dun profesor galego.9. Taller de Investigación na Universidade de Santiago de Compostela co propósito de presentar por parte dos doutorandos  que culminan a súa estancia de investigación os avances logrados nesta etapa. Este taller contará cunha representación da Universidade de La Habana.10. Participación activa de seis profesores cubanos visitantes  en seminarios e  asesorías de investigación a alumnos do primeiro programa oficial de postgrado en economía rexional e internacional do sistema universitario galego, titulado “Desenvolvemento rexional e integración económica” da Universidade de Santiago de Compostela  no tema de “Problemas de integración de países en desenvolvemento”.11. Reunións en Santiago de Compostela con distintos profesionais da USC co obxectivo de intercambiar opinións en canto a posibles vías de colaboración futura no ámbito académico e sobre todo nos procesos de mellora docente que, como en Europa, tamén se están a levar a cabo nas universidades cubanas. Reunións de traballo cos profesores da USC  para definir cualificacións e o traballo futuro nas materias que impartiron estes profesores en La Habana. Reunións con docentes da USC para solicitar información bibliográfica para definir as compras de material.12. Estadía de investigación de 2 doutorandos da USC na Universidade de La Habana, por un período de 2 meses, como parte das relacións de intercambio e cooperación para participar en temáticas relacionadas con problemas de inserción dos países en desenvolvemento, especialmente da rexión latinoamericana.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: Doutorandos.Poboación beneficiaria indirecta: Comunidade científica e institucións de planificación económica nacionais, institucións de integración rexionais, poboación xeral do país.

Axudas: 

150.000,00 Euros