Proxectos

Proxecto de desenvolvemento da acuicultura rural como estratexia de loita contra a pobreza e a seguridade alimentaria no distrito de Mueda, Cabo Delgado (Mozambique)

O proxecto foi identificado a partir da colaboración existente entre as Institucións de xestión e investigación pesqueira e acuícola de Mozambique e a Fundación CETMAR. Sendo o IIP e o INAQUA dúas institucións fundamentais no desenvolvemento sectorial sostible, se deseña un proxecto con dous compoñentes diferenciados pero que buscan promover a cooperación interinstitucional a nivel nacional e internacional cun mesmo obxectivo de loita contra a pobreza e seguridade alimentaria no sector pesqueiro – acuícola. Planteanse así dúas áreas de traballo diferentes (acuicultura rural e investigación mariña) si ben considerase a súa integración nun mesmo proxecto en aras de xerar sinerxías e promover a identificación de espazos conxuntos de colaboración no marco do desenvolvemento acuícola, tal e como se ven realizado nas iniciativas levadas a cabo no pasado, e como se especifica na estratexia de desenvolvemento sectorial.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento sostible do sector da pesca e a acuicultura rural como actividade xeradora de ingresos económicos e fontes de alimentación para a poboación da provincia de Cabo Delgado.
Obxectivo Específico: Desenvolver a acuicultura rural como estratexia de loita contra a pobreza e a seguridade alimentaria
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Identificado e formulado un proxecto de cooperación interinstitucional para o desenvolvemento produtivo.
Actividades:A.1.1 Fortalecer a colaboración interinstitucional en materia de desenvolvemento produtivo entre o INAQUA e o IIP.
Resultado 2.1: Deseñado un programa de apoio á posta en marcha de iniciativas produtivas de acuicultura de pequena escala.
Resultado 2.2: Incrementada a capacidade para o deseño e implementación de iniciativas produtivas por parte da poboación rural.
Resultado 2.3: Posta en marcha e reforzadas iniciativas produtivas sustentables.
Actividades:
A.2.1 Fortalecer o desenvolvemento da acuicultura a primeira escala como actividade xeradora de ingresos e alimento a través do involucramento directo das comunidades rurais do Distrito de Mueda.
Resultado 3: Implementado un protocolo de avaliación de stocks no medio natural.
Actividades:
A.3.1 Reforzar a capacidade técnica de investigación mariña na provincia de Cabo Delgado.
 

Axudas: 

121000