Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2015-2016
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir o acceso a servizos básicos como dereito e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Perséguese a xeración dunha cidadanía global crítica e comprometida coa loita contra a pobreza a través da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano mediante: 1) accións educativas, actividades de educación formal centradas nas comunidades educativa e profesional de base tecnolóxica; 2) accións de sensibilización, con proxeccións de materiais audiovisuais, xornadas e charlas informativas, fomentando a participación da base social en redes; 3) accións de investigación para o desenvolvemento; e 4) accións de incidencia e mobilización social, participando en redes nacionais e internacionais de auga e de tecnoloxía para o desenvolvemento humano.
Obxectivo xeral: Cidadanía galega comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sustentable, a través de procesos de educación e pensamento crítico que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores a través da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano
Obxectivo específico: Introducidos conceptos de TpDH na sociedade galega en xeral e especialmente nos ámbitos profesional e educativo de base tecnolóxica.
Resultado 1.1. Formada a poboación universitaria sobre a situación actual de desigualdade e agresións aos dereitos humanos aos servizos básicos, analizando as causas, consecuencias e alternativas para solucionalas a través dos principios de cidadanía global e TpDH.
Actividades
A1.1.1.: Organización da Materia “Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento/Cooperación para o desenvolvemento”, na UDC.
A1.1.2: Xornadas de Cartografía Participativa na Universidade da Coruña.
A1.1.3: Xornadas de Soberanía Alimentaria.
A1.1.4: Elaboración de material didáctico sobre tecnoloxía para o desenvolvemento e cidadanía global
A1.1.5: Apoio á participación do curso en liña “Gestión de Proyectos de Cooperación Internacional de base tecnológica”, “Agua y Desarrollo Humano” e “Soberanía Alimentaria”
A1.1.6: Xornadas de Bioconstrución na Universidade da Coruña e Vigo.
Resultado 1.2. Sensibilizada a poboación universitaria, base social de ESF e sociedade galega en xeral sobre o acceso a servizos básicos (dereito a auga, a soberanía alimentaria e electrónica ética) e no uso racional dos recursos naturais, baixo os principios de TpDH, así coma na equidade de xénero.
Actividades
A1.2.1: Evolución e comparativa de tecnoloxías apropiadas e métodos de gobernanza de servizos básicos Honduras-Galicia.
A1.2.2: Campaña de sensibilización sobre outras realidades e tecnoloxías apropiadas (elaboración de material, exposicións, e charlas).
A1.2.3: Charlas de difusión sobre o concepto TpDH.
A1.2.4: Campaña Electrónica Ética.
A1.2.5: Campaña Pesca Sustentable.
A1.2.6: Campaña "Auga de Todas: Un dereito e non unha mercadoría".
A1.2.7: Deseño do Índice de TpDH mundial a partir de ferramentas Sistemas de Información Xeográfica.
A1.2.8: Investigación para aplicación de ferramenta de enquisas xeolocalizadas para planificación participativa.
A1.2.9: Avaliación externa.
A1.2.10: Diagnose sobre interese de entidades do sector profesional tecnolóxico galego nos temas de educación para o desenvolvemento e tecnoloxía para o desenvolvemento.
Resultado 1.3. Representada a voz de Galicia en redes nacionais sobre TpDH e Dereito Humano aos servizos básicos.
Actividades
A1.3.1. Participación en Redes nacionais e internacionais sobre Dereito Humano ao Auga e Soberanía Alimentaria Poboación beneficiaria:
A1.3.2: Participación en redes nacionais vencelladas á temática da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e dereito humano aos servizos básicos.
Directa
Un total de 500 persoas, 235 homes e 265 mulleres
Indirecta
Estímase que a poboación beneficiaria indirecta será de máis de 2.000.000 de persoas
40.000,00 €; 16.000,00 € (2015) e 24.000,00 € (2016)