Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir a consideración do acceso a servizos básicos como dereito humano e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Perséguese a xeración dunha cidadanía global crítica e comprometida coa loita contra a pobreza mediante actividades de educación formal ,centradas nas comunidades educativa e profesional de base tecnolóxica; de sensibilización, ; de investigación para o desenvolvemento; e de incidencia e mobilización social. A novidade neste exercicio 2016/2017 é a introdución do enfoque de xénero xa non só transversalmente en cada acción (como medidas para favorecer a conciliación familiar das persoas asistentes), senón como eido operativo de acción da asociación (como figura na súa planificación estratéxica), en colaboración co Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC.
null
Obxectivo xeral: Cidadanía galega comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sustentable, a través de procesos de educación e pensamento crítico que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores a través da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.
Obxectivo específico: Introducidos conceptos de TpDH na sociedade galega en xeral e especialmente nos ámbitos profesional e educativo de base tecnolóxica.
Resultado 1.1. Formada a poboación universitaria sobre a situación actual de desigualdade e agresións aos dereitos humanos aos servizos básicos, analizando as causas, consecuencias e alternativas para solucionalas a través dos principios de cidadanía global e TpDH.
A1.1.1.: Organización da Materia “Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento/Cooperación para o desenvolvemento”, na UDC.
A1.1.2: Organización do Curso “Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano” na USC
A1.1.3. Elaboración dun videoxogo sobre Dereitos Humanos
A1.1.4: Elaboración de material didáctico sobre tecnoloxía para o desenvolvemento e cidadanía global
A1.1.5: Apoio á participación do curso en liña “Gestión de Proyectos de Cooperación Internacional de base tecnológica”, “Agua y Desarrollo Humano”, “Transversalización de Enfoque de Xénero” e “Soberanía Alimentaria”
A1.1.6: Xornadas de Bioconstrución en institutos de secundaria e FP (EduESPIGA)
A1.1.7: Estudio sobre a xestión municipal dos recursos hídricos con perspectiva de Dereito Humano á Auga. Fase 1
A1.1.8: IV Edición do “Curso de Historia da Teoría Feminista” da Universidade da Coruña
A1.1.9: Curso de Verán da Universidade da Coruña sobre “Xénero e cooperación ao desenvolvemento”
A1.1.10: ”II Xornadas de Xénero e Tecnoloxía (TecnoXénero)” na Universidade da Coruña
A1.1.11: Investigación piloto sobre “A participación comunitaria e social das mulleres na xestión de bens do procomún (a auga). Estudo comparado entre Honduras e Galicia”
Resultado 1.2. Sensibilizada a poboación universitaria, base social de ESF e sociedade galega en xeral sobre o acceso a servizos básicos (dereito a auga, a soberanía alimentaria) e no uso racional dos recursos naturais, baixo os principios de TpDH, así coma na equidade de xénero.
A1.2.1: Evolución e comparativa de tecnoloxías apropiadas e métodos de gobernanza de servizos básicos Honduras-Galicia.
A1.2.2: Campaña de sensibilización sobre outras realidades e tecnoloxías apropiadas (elaboración de material, exposicións, e charlas).
A1.2.3: Charlas de difusión sobre o concepto TpDH.
A1.2.4: Xornadas Agro-Trezecatorze de concienciación ecolóxica e social
A1.2.5: Campaña en liña sobre Pesca Sustentable.
A1.2.6: Campaña "Auga de Todas: Un dereito e non unha mercadoría".
A1.2.7: Formación teórico – práctica en bioconstrución como forma de autosustentabilidade
A1.2.8: Diagnose sobre interese de entidades do sector profesional tecnolóxico galego nos temas de educación para o desenvolvemento e tecnoloxía para o desenvolvemento, Fase 2.
A1.2.9: Avaliación externa.
Resultado 1.3. Representada a voz de Galicia en redes nacionais e internacionais sobre TpDH e Dereito Humano aos servizos básicos.
A1.3.1. Participación en Redes nacionais e internacionais sobre Dereito Humano ao Auga e Soberanía Alimentaria
A1.3.2: Participación en redes nacionais formativas vencelladas á temática da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e dereito humano aos servizos básicos.
Directa
Un total de 1000 persoas, 500 homes e 500 mulleres
Indirecta
Estímase que a poboación beneficiaria indirecta será de máis de 2.000.000 de persoas
44.996,00 €; 17.998,40 € (2016) e 26.997,60 € (2017)