Proxecto de difusión do concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano mediante a sensibilización e a educación formal na comunidade educativa de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2013-2014
Este proxecto ten como obxectivo a difusión da concepción do acceso aos servizos básicos como dereito humano e a introdución do concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano coma unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Estas liñas de acción trabállanse a través da Educación para o Desenvolvemento nas súas dimensións de Educación – Formación e Sensibilización, Investigación e Incidencia. Deste xeito, realízanse distintas actividades de educación formal centradas no ámbito universitario galego e elabóranse, tanto materiais didácticos específicos sobre a temática como xogos colaborativos sobre a cooperación para o desenvolvemento. Tamén se continua coa materia universitaria de libre elección “Introdución á Cooperación ao Desenvolvemento”, e cos cursos que se levan realizando dende hai anos nos distintos campus das tres universidades galegas, relacionados coa temática da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e as desigualdades Norte-Sur. Na vertente relacionada coa sensibilización, realízanse proxeccións de materiais audiovisuais, xornadas e charlas informativas. Na dimensión de investigación para o desenvolvemento indágase sobre tecnoloxías apropiadas en Galicia e Honduras e búscanse relacións. Esta investigación concluirá cunha publicación sobre o tema e deseñarase un índice mundial de TpDH a través de ferramentas SIX para avaliar a situación mundial da xustiza tecnolóxica. No ámbito da incidencia e mobilización social particípase en redes nacionais e internacionais de auga e de tecnoloxía para o desenvolvemento humano.
Obxectivo Xeral: Cidadanía global comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sostible, a través de procesos de educación que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores empregando a Tecnoloxía para o Desenvolvemento humano.
Obxectivo Específico:
Obxectivo Específico 1: Introducidos conceptos de TpDH na educación formal, especialmente na comunidade universitaria de Galicia.
Obxectivo Específico 2: Aumentada a conciencia crítica da poboación galega a través da sensibilización e educación non formal no acceso a servizos básicos como a auga e soberanía alimentaria, no uso racional dos recursos naturais, TpDH e sobre as situacións de desigualdade e inxustiza.
Obxectivo Xeral: Cidadanía global comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sostible, a través de procesos de educación que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores empregando a Tecnoloxía para o Desenvolvemento humano.
Obxectivo Específico:
Obxectivo Específico 1: Introducidos conceptos de TpDH na educación formal, especialmente na comunidade universitaria de Galicia.
Obxectivo Específico 2: Aumentada a conciencia crítica da poboación galega a través da sensibilización e educación non formal no acceso a servizos básicos como a auga e soberanía alimentaria, no uso racional dos recursos naturais, TpDH e sobre as situacións de desigualdade e inxustiza.
Resultados e actividades:
Resultado 1.1.: Formada a poboación universitaria sobre a situación actual de desigualdade, analizando as causas, consecuencias e alternativas para solucionala a través dos principios de cidadanía global e TpDH.
Actividades:
A.1.1.1.: Organización do Curso “Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano” na USC.
A.1.1.2.: Organización da Materia “Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento/Cooperación para o desenvolvemento”, na UDC.
A.1.1.3.: Liña de Base para Profesorado de Base Tecnolóxica
Resultado 1.2.: Formada a poboación universitaria e secundaria sobre acceso a servizos básicos centrándose na soberanía alimentaria, as ONGD, electrónica ética e TpDH.
Actividades:
A.1.2.1.: Xornadas de Soberanía Alimentaria.
A.1.2.2.: Elaboración de material didáctico (unidade didáctica sobre tecnoloxías apropiadas Honduras-Galicia e fase II xogo ONGD).
A.1.2.3.: Apoio á participación do curso on line “Xestión de Proxectos de Cooperación Internacional de base tecnolóxica” e “Auga e Desenvolvemento Humano”.
Resultado 2.1: Sensibilizada a poboación universitaria e a base social de ESF sobre o acceso a servizos básicos (dereito á auga, a soberanía alimentaria e electrónica ética), no uso racional dos recursos naturais baixo os principios de TpDH, así coma na equidade de xénero.
Actividades:
A.2.1.1: Evolución e comparativa das tecnoloxías apropiadas no Sur.
A.2.1.2: Campaña de sensibilización sobre outras realidades e tecnoloxías apropiadas (elaboración de material, exposicións, e charlas).
A.2.1.3: Charlas de difusión sobre o concepto TpDH.
A.2.1.4: Campaña Electrónica Ética.
A.2.1.5: Obradoiro de Xénero e Masculinidade.
A.2.1.6: Campaña "Auga de Todas: Un dereito e non unha mercadoría".
A.2.1.7: Deseño do Índice de TpDH mundial a partir de Sistemas de Información Xeográfica.
A.2.1.8: Campaña día da loita campesiña en Lugo.
Resultado 2.2: Participación en redes nacionais sobre TpDH e Dereito Humano aos servizos básicos.
A 2.2.1. Participación en Redes nacionais e internacionais sobre Dereito Humano ao Auga
A 2.2.2: Participación en redes nacionais vencelladas a temática da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e dereito humano aos servizos básicos.
Directa: 500 (265 mulleres)
Indirecta: 2.724.544
21.687,00 (2013:8.674,80 ; 2014:13.012,20)