PROXECTO DE DIFUSIÓN DO CONCEPTO DE TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO A TRAVÉS DA SENSIBILIZACIÓN E A EDUCACIÓN FORMAL NA COMUNIDADE UNIVERSITARIA E NA SOCIEDADE GALEGA EN XERAL
Este proxecto, a través da educación para o desenvolvemento (EpD) nas súas dimensións de educación-formación e sensibilización, busca introducir o concepto da tecnoloxía para o desenvolvemento humano (TpDH) como ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
En educación, realizaranse distintas actividades de educación formal centradas especialmente no ámbito universitario: realización dunha materia de libre elección curricular na Universidade da Coruña (“Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento") e varios cursos nos campus das 3 universidades galegas (“Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano"e “Un mundo desigual").
En sensibilización, realizaranse xornadas e charlas co obxectivo de concienciar á poboación universitaria e a base social de ESF da importancia do acceso aos servizos como auga e enerxía; dar a coñecer a economía responsable como TpDH; e mostrar a problemática do pobo saharauí, onde a carencia de servizos básicos está intimamente relacionada cun contexto sociopolítico de privación de dereitos humanos e liberdades.
Período de execución: marzo 2010 – decembro 2010
Lograr unha cidadanía global comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sustentable, a través de procesos de educación que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores empregando a tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Na USC: organización do curso “Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano".
- Na UDC: organización da materia “Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento", xornadas “Os quilates da auga" e exposición e xogos da auga.
- Na UVigo: organización do Curso “Un mundo Desigual", xornadas “Enerxías Renovables e ODM" e Campaña “Apaga o candil".
- Difusión externa e á base social de ESF do proxecto Fiare de Banca Ética.
- Organización de postos informativos sobre a problemática do Sáhara, execución do “Proxecto Jaima" e realización de charlas e coloquios sobre o conflito
Principalmente o alumnado e o ámbito universitario en xeral, estimándose que será de especial interese para o alumnado de carreiras científico-técnicas
11.409,75€ (2010: 11.409,75€)