Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano a través da sensibilización e a educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral 2011
Este proxecto, a través da Educación para o Desenvolvemento (EpD) nas súas dimensións de Educación-Formación e Sensibilización, pretende introducir o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario e un acceso a servizos básicos como dereito humano.
Na dimensión de Educación realizaranse distintas actividades de educación formal centradas especialmente no ámbito universitario galego. Entre elas destacará a realización dunha materia de libre elección curricular (“Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento”); dun seminario na Escola de Arquitectura (que tratará as diferentes escalas da Habitabilidade Básica dende un enfoque multidisciplinar e transdisciplinar nos procesos de desenvolvemento); dun curso específico e de maior carácter técnico na Universidade da Coruña (UDC); a realización de varios cursos nos distintos campus das tres universidades galegas de introdución á cooperación (“Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano” e “Un mundo desigual”); a realización dun curso on-line de maior carácter técnico a nivel galego (“Sistemas de información xeográfica e análise de información espacial para a cooperación para o desenvolvemento”).
Con estas actividades, ASF-E Galicia e ESF Galicia darán a coñecer ao mesmo tempo conceptos básicos relacionados coa cooperación para o desenvolvemento, os axentes implicados e os medios empregados para tal fin. De maneira complementaria co anterior, ASF-E e ESF pretenden formar sobor a importancia que ten o acceso aos servizos básicos, como son a auga, nutrición e a habitabilidade, como parte indispensable da loita contra a pobreza.
Na dimensión de Sensibilización universitaria, ASF-E e ESF realizarán xornadas e charlas co obxectivo de concienciar á poboación universitaria e á base social de ambas dúas asociacións sobre a importancia do dereito ao hábitat e o acceso aos servizos básicos como a vivenda, auga e a enerxía; dar a coñecer a economía responsable como TpDH; a difusión de resultados da investigación sobre a reciclaxe de materiais plásticos de refugallo en sistemas construtivos; a problemática doutros países como o pobo saharaui, Nicaragua, Honduras ou Guatemala e a falta de acceso aos servizos básicos, relacionado co contexto socio-político de falta de liberdades.
Obxectivo xeral: Cidadanía global comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, promovendo o desenvolvemento humano e sostible, a través de procesos de educación que transmitan coñecementos e promovan novas actitudes e valores empregando a Tecnoloxía para o Desenvolvemento humano.
Obxectivo específico
1.Introducidos conceptos de TPDH na educación formal na comunidade universitaria de Galicia.
2. Aumentada a conciencia crítica da poboación galega a través da sensibilización no acceso a servizos básicos, soberanía alimentaria e habitabilidade básica, TPDH e situacións de
desigualdade e inxustiza.
Resultado 1.1
1.1.1: Organización do Curso “Tecnoloxía e cooperación para o desenvolvemento humano” na USC
1.1.2: Organización da Materia “Introdución á Cooperación para o Desenvolvemento”, na UDC
1.1.3: Organización do Curso “Un mundo Desigual”, na U. VIGO
Resultado 1.2
1.2.1: Organización do Seminario “Hábitat a escala humana” na UDC.
1.2.2: “Reciclando construímos”.
1.2.3: Organización do “Curso de GIS”
1.2.4: Curso de desenvolvemento rural, comercio xusto e soberanía alimentaria.
Resultado 2.1
2.1.1: Organización do proxecto “Pecha a billa”
2.1.2: Organización do proxecto “Mes da sustentabilidade”
2.1.3: Campaña sobre acceso as TPDH durante o mes del hábitat: “Hábitat, indixenismo e xénero”.
2.1.4: Organización do obradoiro “Hábitat habitable en Galicia, 7ºObxectivo del Milenio”
2.1.5: Obradoiros “Cartografía crítica en Galicia”.
2.1.6: Difusión externa del programa de radio “Tercer sector en Galicia”
2.1.7: Ciclo de cine e Exposición gráfica
2.1.8: “Flow”
2.1.9: Campaña: "E se isto che pasa todos os días?"
2.1.10: Sensibilización sobre outras realidades. Charlas PCR
Resultado 2.2
2.2.1: Charlas de sensibilización sobre o consumo responsable, comercio xusto e a importancia do
voluntariado como ferramenta de transformación social nos CEIP de primaria e secundaria de Ferrol.
2.2.2: Charla de Economía Responsable
Resultado 2.3
2.3.1: Organización de postos informativos sobre a problemática do Sáhara.
2.3.2: Charlas, coloquios informativos, mesas redondas e ciclo de cinema sobre o conflito do Sáhara Occidental.
33.442,00 € (2011: 33.442,00 €)