Proxectos

Proxecto de difusión do dereito ao habitat dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formacion e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña

O “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” xorde coma proceso natural da acción de ASF-Galicia no cal se agroman aprendizaxes, dando por unha banda continuidade á labor de vindicación do hábitat dende o enfoque de dereitos. Traballo que, sostido no tempo por máis 20 anos, conforma un dos eixos estruturais da nosa labor. De xeito mais directo é concebido como a continuación, a modo de FASE II, do proxecto que ASF e a UDC están a desenvolver no período 2017-18 coa financiación da DXREUE. “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña”, incidindo no logro en esencia dos mesmos obxectivos e resultados, traballando cos mesmos perfís de poboación destinataria, e incorporando pequenas modificacións froito das necesidades dos actores involucrados, dunha mellor adaptación ao contexto, así como das capacidades e aprendizaxes adquiridas ata o momento e das debilidades identificadas, a falta dos resultados da avaliación externa (en proceso de iniciarse) mediante os mecanismos de coordinación, seguimento e avaliación interna previstos. 

Así, o proxecto ten como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre o dereito ao hábitat atendendo as súas dimensións diversas (física, social, política, simbólica e cultural), cun abordaxe transdisciplinar (desde a perspectiva da arquitectura-urbanismo, sociolóxica, educación en valores, memoria histórica…) e desde un enfoque de dereitos. Neste proxecto faremos especial incidencia de xeito transversal nas dimensións de xénero e nas formas de gobernanza que promoven unha cidadanía crítica, axente de cambio, responsable e solidaria.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a crear unha cidadanía crítica, activa e comprometida na loita contra as desigualdades a través de procesos de educación que visibilicen aos dereitos vencellados e comprometidos cun hábitat digno, promovan actitudes e valores en coherencia, e doten de ferramentas transversais para poder incidir a favor do dereito a un hábitat digno.

Obxectivo específico: Incrementar a identificación coas problemáticas relativas ó dereito ao hábitat desde un enfoque social, e con especial incidencia nas dimensións dos xeitos de gobernanza e xénero no contexto educativo de secundaria e entre axentes multiplicadores clave vencellados a educación, intervención, e xestión social do hábitat no marco da cidade da Coruña

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Axentes multiplicadores polo seu papel na educación, intervención, xestión e transformación do hábitat están sensibilizados e formados para traballar o Dereito ao hábitat desde un enfoque transdisciplinar, de xeito participativo e atendendo á perspectiva de xénero.

A1.1.1: Reedición do curso en liña: Hábitat a escala humana. Introdución ao dereito ao hábitat desde un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible. 

A1.1.2: Elaboración Curso “Tecnoloxías Axeitadas”

A1.1.3: Formación multiplicadores alumnado CC. Educación

A1.1.4: Podcast “Habitando”

A1.1.5: Sensibilización multiplicadores UDC Arquitectura sobre dereito ao hábitat desde un enfoque social e de dereitos

Resultado 1.2: O contexto educativo de secundaria mellora os seus coñecementos sobre o dereito ao hábitat desde un enfoque transdisciplinar e de xénero, e desenvolven na praxe capacidades e competencias para a análise e transformación do seu contexto máis próximo como experiencia vivencial de exercicio dunha cidadanía crítica.

A1.2.1: Obradoiro participativo “Participar para coidar”

A1.2.2: Obradoiro "Cerna Expedición Balmis" IES Menéndez Pidal

Resultado 1.3: ASF Galicia fortalece as súas capacidades e coñecementos para mellorar a xestión técnica e o enfoque político do seu traballo no eido da  ED a través da formación dos seu persoal e voluntariado en aspectos de xestión emocional xerando coñecemento específico sobre o seu contexto de intervención e mediante a elaboración dun plan estratéxico.

A1.3.1: Actualización ferramentas/cuestionarios liña de base

A1.3.2: Formacións interna 2018-19

A1.3.3: Proceso elaboración do novo Plan estratéxico de EpD

A1.3.4. Evaluación final externa

 

Poboación beneficiaria: 

Directa

A poboación beneficiaria directa será de 669 persoas, das cales 378 son mulleres e nenas.

Indirecta

A poboación indirecta será de 1150 persoas (nas diversas dimensións e formatos previstos).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda da Xunta: 43.850,00 €; 17.540,00 € (2018) e 26.310,00 € (2019)