Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana A Coruña.
Este proxecto de Arquitectos sen Fronteiras de Galicia incidirá sobre a creatividade a través do desenvolvemento da empatía cara outras realidades, enmarcándose na labor de dar continuidade e motivar a identificación de problemáticas vinculadas ó hábitat tras unha fase anterior de formación e sensibilización. O obxectivo do mesmo é o de sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat na ensinanza secundaria e universitaria da Área Metropolitana da Coruña a través da visibilización da diversidade de realidades e problemáticas entorno aos dereitos humanos e as formas de xestión, a vivenda, a cidade e o mesmo hábitat en xeral nas súas dimensións transversais, tanto no contexto local coma global. Así mesmo, tamén continuará o proceso formativo na UDC de contidos técnicos e sociais que doten de ferramentas básicas aos futuros profesionais do hábitat para facer fronte ás diferentes problemáticas dende un enfoque social e de dereitos.
Obxectivo xeral: Contribuír a crear unha cidadanía crítica comprometida coa loita contra a pobreza e as desigualdades a través de procesos de educación que visibilicen a problemática do hábitat, promovan actitudes e valores; e doten de ferramentas para poder incidir a favor do dereito a un hábitat digno.
Obxectivo específico: Incrementar e coñecemento das problemáticas relativas ó dereito ao hábitat sostible e dos seus xeitos de gobernanza con especial incidencia dun enfoque multicultural e de xénero nos contextos educativos de secundaria e ámbito universitario da área metropolitana da Coruña.
Resultado 1.1: A comunidade universitaria da UDC está sensibilizada e formada especificamente en aspectos relacionados co dereito ao hábitat.
Actividades
A1.1.1: Reedición do curso introdutorio en liña: “Hábitat a escala humana”.
A1.1.2: Ciclo de ponencias interdisciplinares “Hábitat a escala humana” 4ª Edición.
A1.1.3: Publicación podcast no que reflectir os proxectos e actividades desenvolvidas por ASF Galicia, facendo fincapé na multiculturalidade do dereito ao hábitat.
A1.1.4: Retratos da loita polo dereito ao hábitat. “Cidadáns invisibles”.
A1.1.5: Antoloxía de contos sobre o dereito ao hábitat. “Catro paredes”.
A1.1.6: Actividades de sensibilización en torno as dimensión multiculturais relacionadas co Hábitat e celebración do día do Hábitat 2016.
Resultado 1.2: O alumnado dos contextos educativos de secundaria da área metropolitana de A Coruña adquire coñecementos sobre o dereito ao hábitat e o hábitat precario galego.
Actividades
A1.2.1: Diagnóstico participativo nos centros educativos.
A1.2.2: Obradoiro xuvenil de expresión escrita: “Nós contamos. Eles Contan”.
Directa
Un total de 613 persoas, (131 homes e 200 mulleres) e 282 menores (128 nenos e 154 nenas) distribuídas da seguinte maneira:
- 295 persoas da comunidade universitaria da UDC: Alumnado – 147 (57 alumnos e 90 alumnas), Profesorado – 28 (11 profesores e 17 profesoras) e resto de persoal interesado – 120 (46 homes e 74 mulleres).
- 318 persoas dos contextos educativos de secundaria da área metropolitana de A Coruña: Alumnado – 282 menores (128 alumnos e 154 alumnas); Profesorado – 21 (10 profesores e 11 profesoras) e 15 persoas das AMPAS (7 homes e 8 mulleres).
Indirecta
Un total de 520 persoas: 290 Adultas (132 Homes e 158 mulleres) e 230 menores (105 nenos e 125 nenas).
29.998,00 €; 11.999,20 € (2015) e 17.998,80 € (2016)