Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transversais a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa
Este proxecto xorde coma continuidade daquelas propostas que tiveron maior impacto e coma resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras (ASF), a través do traballo levado a cabo durante os últimos 19 anos, das carencias formativas e da sensibilización no eido da habitabilidade e o hábitat, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da contorna de A Coruña e no contexto galego en xeral.
Este diagnóstico é preocupante dentro dun marco de poboación mundial
que superou os 7000 millóns de habitantes, dos cales entre un 14% e un 28% viven na pobreza extrema, sen vivenda estimable nen recursos imprescindibles como a auga potable. Resulta imprescindible que os futuros técnicos/as involucrados/as na construción e xestión do hábitat non sexan alleas a este marco global, e continuar ata acadar a implementación dunha asignatura no marco formal dos planos de estudo, nas escolas de Arquitectura.
Obxectivo Xeral: Contribuír a crear unha cidadanía global comprometida coa loita contra a pobreza e as desigualdades a través de procesos de educación que visibilicen as realidades, promovan actitudes e valores; e doten de ferramentas para poder incidir a favor do dereito a un hábitat digno.
Obxectivo Específico: Sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat axeitado na ensinanza primaria, secundaria e universitaria de Galicia.
Resultado 1.1: Sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat axeitado na
ensinanza primaria, secundaria e universitaria de Galicia.
Actividades
A1.1.1: Reedición e implementación de contidos transversais no curso
introductorio en liña: “Hábitat a escala humana”.
A1.1.2: Encontro académico "O ensino da arquitectura para o proceso de
desenvolvemento"
A1.1.3: Ciclo de ponencias interdisciplinares “Hábitat a escala humana”
A1.1.4: Actividades de sensibilización en torno as dimensións medioambientais relacionadas co Hábitat e celebración do día do Hábitat 2015.
A1.1.5: Avaliación do impacto da formación e a sensibilización no entorno
universitario
Resultado 1.2:. Informado e sensibilizado o profesorado e alumnado de primaria e secundaria dos contextos rururbanos de Galicia sobre o dereito a un hábitat axeitado.
Actividades
A1.2.1: Creación de espazo web onde aloxar os contidos educativos de ASF
Galicia e Incorporación dos contidos a rede de profesorado sobre temas de territorio cunha línea de cooperación relacionada co dereito ao hábitat.
A1.2.2: Elaboración e implementación dinámicas e obradoiros vinculados ó
hábitat nos centros educativos.
Directa: Un total de 730 persoas, das cales 205 son homes, 285 mulleres, 110 nenos e 130 nenas.
Indirecta: Un total de 1.800 persoas, das cales 500 son mulleres, 400 nenas, 500 homes e 400 nenos.
29.986€; 11.994.40 € (2014) e 17.991.60 € (2015)