Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014
O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña. O obxectivo é sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat na ensinanza secundaria e universitaria de Galicia, a través da visibilización da diversidade de realidades e problemáticas en torno aos dereitos humanos, a vivenda, a cidade e o mesmo hábitat en xeral, tanto no contexto local como internacional, así como mediante a introdución na UDC de contidos técnicos e sociais que, a través de múltiples actividades académicas, que doten de ferramentas básicas aos futuros profesionais do hábitat para facer fronte ás diferentes problemáticas dende un enfoque social e de dereitos.
Obxectivo Xeral: Contribuír a crear unha cidadanía global comprometida coa loita contra a pobreza e as desigualdades a través de procesos de educación que visibilicen as realidades, promovan actitudes e valores e doten de ferramentas para poder incidir a favor do dereito a un hábitat digno.
Obxectivo Específico: Sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat na ensinanza secundaria e universitaria de Galicia.
Resultado 1.1: O profesorado e o alumnado da comunidade universitaria da UDC
coñecen as problemáticas de hábitat e adquiren formación básica en dereito ao hábitat, asentamentos humanos precarios, tecnoloxías axeitadas para o desenvolvemento e/ou xestión social do hábitat.
Actividades:
A.1.1.1: Elaboración dunha liña base.
A.1.1.2: Elaboración e implementación do curso introductorio en liña: “Hábitat a
escala humana”.
A.1.1.3: Ciclo de relatorios “Hábitat a escala humana”.
A.1.1.4: Obradoiro experimental de verán: “Estratexias de intervención
arquitectónica para o desenvolvemento humano”.
A.1.1.5: Catalogación da bibliografía dispoñible na UDC e en ASF sobre Dereito
ao hábitat, cooperación e tecnoloxías axeitadas para o desenvolvemento.
A.1.1.6: Actividades de sensibilización en torno á Semana do Hábitat.
A.1.1.7: Avaliación do impacto da formación e a sensibilización no entorno
Universitario.
Resultado 1.2: Creada unha rede internacional de centros universitarios para
intercambio de experiencias entorno ao dereito ao hábitat.
Actividades:
A.1.2.1: Intercambio de experiencias entre universidades.
A.1.2.2: Creación de una plataforma web interuniversitaria.
Resultado 1.3: Informado e sensibilizado o profesorado e o alumnado de 4º curso da ESO da área metropolitana da Coruña sobre o dereito a un hábitat digno.
Actividades:
A.1.3.1: Elaboración e implementación da unidade didáctica: “O Dereito á
cidade e a vivienda”.
A.1.3.2: Videoforum “Pedra, Papel”.
Directa: 930 (510 mulleres)
Indirecta: 1.920
29.555,00 (2013:11.822,00; 2014:17.733,00)