PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO VOCES DO SUR
Este proxecto, na súa segunda edición, pretende facilitar recursos materiais e de difusión para a mellora da participación da sociedade galega no ámbito da solidariedade. Continuarase coa colección de Amarante, que busca que as voces dos países do Sur sexan cada día máis próximas á sociedade galega, sendo as mulleres as protagonistas dos materiais e experiencias contadas, como exemplo dos impactos das causas estruturais da pobreza. Tamén se levará a cabo unha exposición centrada no consumo responsable en colaboración coa Asociación Ecoloxista Verdegaia.
Ademais, darase continuidade á actividade de máis longo percorrido en Amarante, Xanela Aberta ao Sur, programa de coñecemento das causas estruturais da pobreza e das realidades doutros pobos que combina un módulo de formación coa posibilidade de realizar visitas a terreo.
Período de execución: abril 2010 – marzo 2011
Fomentar os valores da solidariedade entre os pobos e o asociacionismo na sociedade galega para a loita contra as causas estruturais da pobreza
- Edición da publicación nº1 da colección de Amarante: O papel das mulleres nas organizacións do Sur
- Elaboración de exposición sobre o impacto positivo do consumo responsable.
- Ampliación do Centro de Documentación de Amarante.
- Creación dun espazo interactivo multimedia con animación.
- Actividades nas coordinacións comarcais: ciclos de cine, obradoiros de cociña, mercadiños de troco, charlas sobre interculturalidade en colaboración con entidades de migrantes en Galicia, accións na rúa…
- Continuación de Xanela Aberta ao Sur.
- Visita do Sur: visita a Galicia da representante dunha organización que traballe no sector téxtil e estea vinculada coa campaña internacional Roupa Limpa.
- Dinamización dos centros de recursos de Amarante
- Persoas interesadas no ámbito da solidariedade que sexan partícipes dalgunha entidade que traballe no eido, usuarias da rede ou dos medios de comunicación convencionais.
- En particular, persoas residentes en vilas de menos de 50.000 habitantes e nas 7 cidades galegas, nunha franxa de idade entre os 15 e os 45 anos
25.000€ (2010: 10.000€ - 2011: 15.000€)