Proxectos

Proxecto de educación técnica agropecuaria sostible articulado ao mercado para o desenvolvemento social, económico e ambiental do Val de San Lorenzo, Piura -Perú, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e novas. Proxecto EDUCA-T San Lorenzo

O obxecto do proxecto é o de mellorar o acceso, a oferta e a calidade da educación técnica agropecuaria sustentable da rexión do Valle de San Lorenzo – Piura, mediante o fortalecemento de 7 escolas secundarias e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria da rexión en coordinación coa Unidade de Xestión Educativa Local de Tambogrande e as Asociacións de Mulleres. Todo iso co fin de impulsar procesos de desenvolvemento socioeconómico, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e os mozos, garantindo a continuidade da formación destas poboacións vulnerables e a súa articulación á realidade do territorio e do mercado laboral.

O proxecto redundará na ampliación de capacidades e liberdades das poboacións beneficiarias, non sendo discriminatorio por razón de raza, cultura, relixión, orixe ou orientación sexual, fomentando a igualdade entre homes e mulleres e sendo respectuoso co medio ambiente. O proxecto terá unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas e dos intereses estratéxicos da poboación beneficiaria desta zona, unha das máis desfavorecidas do país, atendendo de maneira prioritaria ás diferenzas derivadas das brechas de xénero, sempre respectando os obxectivos de desenvolvemento do Perú, da rexión e das comunidades beneficiarias.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (rexión)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

Centro de Formación y Promoción para el Desarrollo SOLIVIDA

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora da formación integral da poboación para o desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Valle de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e adolescentes.

Específico: Mellora do acceso, a oferta e a calidade da educación técnica agropecuaria sustentable para mulleres e adolescentes do val de San Lorenzo – Piura, mediante o fortalecemento de 7 escolas secundarias e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria da rexión en coordinación coa Unidade de Xestión Educativa Local e as Asociacións de Mujeres.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecida a gobernanza escolar das secundarias e complementada con formación técnica e xestión ambiental.

A.1.1.1: Mapeo de actores para a articulación das secundarias técnicas ao desenvolvemento local.

A.1.1.2: Talleres de gobernanza e liderado transformacional para directores e coordinadores de formación técnica.

A.1.1.3: Taller de política e xestión da formación técnica con directivos e coordinadores de formación técnica.

A.1.1.4: Articulación da formación técnica ao PEI con participación do consello educativo institucional – CONEI.

A.1.1.5: Talleres de elaboración e xestión de proxectos.

A.1.1.6: Deseño e desenvolvemento dunha proposta de cadea de valor dos servizos de formación técnica.

A.1.1.7: Pasantía rexional a experiencias innovadoras con directores e coordinadores de formación técnica.

A.1.1.8: Elaboración de 3 Deseños curriculares de módulos agroforestais e 03 de módulos pecuarios.

A.1.1.9: Implementación de 21 módulos entre agrícolas e pecuarios.

A.1.1.10: Elaboración de cartillas técnicas.

RE 1.2: Melloradas as capacidades dos docentes para a formación técnica secundaria.

A.1.2.1: Elaboración de plan formativo para docentes en coordinación con UGEL.

A.1.2.2: Talleres de xestión da formación técnica con docentes.

A.1.2.3: Pasantía local e rexional a experiencias produtivas innovadoras.

A.1.2.4: Taller de emprendemento e márketing.

A.1.2.5: Intercambio de experiencias de formación técnica.

RE 1.3: Estudantes de secundaria capacitados en formación técnica e empoderados a nivel social e laboral cun proxecto de vida definido.

A 1.3.1: Capacitación a 1.500 alumnos dos cursos de secundaria nos deseños curriculares dos módulos agroforestais e pecuarios creados durante o desenvolvemento do proxecto.

A 1.3.2: Proxecto de vida con 5to de secundaria.

A.1.3.3: Taller de dereitos humanos, cidadanía e equidade de xénero cos municipios escolares.

RE 1.4: Fortalecidas as capacidades das mulleres das asociacións produtivas con formación técnica e ambiental articulado ao CEFOIT.

A.1.4.1: Formación técnica agrícola para as mulleres das asociacións.

A.1.4.2: Formación técnica pecuaria para as mulleres das asociacións.

A.1.4.3: Formación técnica en administración de negocios para as mulleres das asociacións.

A.1.4.4: Intercambio de experiencias produtivas para as mulleres das asociacións.

A.1.4.5: Encontro zonal de desenvolvemento da muller rural.

A.1.4.6: Modulo transversal de sensibilización no uso do recurso auga.

A.1.4.7: Fortalecemento do CEFOIT para a mellora das accións de capacitación.

RE 1.5: Desenvolvidas accións comunitarias de incidencia en instancias do estado e sociedade civil para a promoción da FT e a súa articulación ao mercado.

A.1.5.1: Organización nun congreso zonal de formación técnica, en colaboración coa UGEL de Tambogrande.

A.1.5.2: Organización de 2 feiras agropecuarias zonais con experiencias produtivas, en colaboración coa UGEL de Tambogrande e escolas técnicas.

A.1.5.3: Organización dun evento rexional con experiencias de FT, en colaboración coa UGEL de Tambogrande e a DREG de Piura.

A.1.5.4: Participación en evento da rede de mulleres na Plataforma Feminista.

A.1.5.5: Accións de difusión do proxecto e dos emprendementos en redes

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.828 (889 homes; 939 mulleres)

Indirecta: 4.644 (2.264 homes; 2.380 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 

184.960 € (64.736 € en 2024 e 120.224 € en 2025)