Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do textil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 3ª Fase
O obxectivo deste proxecto é contribuír á redución da feminización da pobreza no sector da confección e ao respecto aos dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable. Para iso, a cidadanía galega toma conciencia da problemática global da feminización do sector do téxtil e o impacto da deslocalización a través do coñecemento da realidade das traballadoras galegas e marroquís con formatos innovadores e apoian a campaña global polos salarios dignos e a necesidade dun consumo responsable de roupa.
Preténdese crear unha curta documental que achegue esta realidade á sociedade galega; que as institucións públicas e os partidos políticos tomen conciencia da necesidade de garantir salarios dignos no sector da confección; ofrecer formación sobre as causas estruturais da feminización da pobreza e fomentar a solidariedade entre os pobos.
Obxectivo Xeral: Contribuír a redución da feminización da pobreza no sector da confección e ó respecto ós dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable.
Obxectivo Específico: a cidadanía galega toma conciencia da problemática global da feminización do sector do textil e o impacto da deslocalización a través do coñecemento da realidade das traballadoras galegas e marroquís con formatos innovadores e apoian a campaña global polos salarios dignos e a necesidade dun consumo responsable de roupa.
Resultado 1.1: A sociedade galega conta cunha curta documental que lle achega á realidade do textil dende a cercanía a través dos testemuños de traballadoras galegas no sector do textil.
Actividades
A1.1.1 Realización dunha curta-documental que achegue a realidade das traballadoras do textil á cidadanía galega a través do testemuño das traballadoras galegas do textil.
Resultado 1.2: 300 persoas se sensibilizan sobre a problemática global da feminización do sector do textil e o impacto da deslocalización a través do coñecemento da realidade das traballadoras galegas e 1.500 persoas coñecen esta realidade a través dos medios
Actividades
A1.2.1 Presentación da curta documental a 3 festivais de cine galegos.
Resultado 1.3: 160 persoas, prioritariamente colectivos de mulleres, asisten ao encontro entre traballadoras galegas e marroquís e poñen en común a súa problemática dentro do sector do textil e visibilizan problemáticas comúns e 1.500 persoas coñecen e se achegan a esta problemática.
Actividades
A1.3.1: Estrea do documental cun encontro entre traballadoras do textil galegas e marroquís.
A1.3.2: Realización de unha presentación debate con grupos informais de mulleres que participan en grupos informais como calceta, ganchillo, mulleres propietarias de pequenas tendas ou talleres de confección, asociacións de amas de casa, de veciños/as
Resultado 1.4: as institucións públicas e os partidos políticos toman conciencia da necesidade de garantir salarios dignos no sector da confección e 1.300 persoas coñecen a campaña salarios dignos e seguen as nosas demandas.
Actividades
A1.4.1: Accións de demanda de salarios e condicións dignas no sector do textil.
Resultado 1.5: 150 persoas formanse sobre as condicións de vida e laborais das traballadoras do textil en Galiza, e o contexto global de produción en que se enmarca este proceso e coñecen alternativas de consumo de roupa.
Actividades
A1.1.5: Realización de unha conferencia na escola de moda e outra na Facultade de Educación coa proxección do documental e presentación de alternativas como “Move”.
A1.2.5: Realización de dous obradoiros monográficos de consumo responsable e reutilización.
Resultado 1.6: 50 persoas fórmanse nas causas estruturais da feminización da pobreza e en especial no sector do textil, e o fomento da solidariedade entre os pobos a través do programa formativo Xanela Aberta ao Sur, 10 persoas viaxan a coñecer ás organizacións do Sur e 3.500 coñecen, infórmanse e interésnse sobre este programa.
Actividades
A1.6.1: Programa de educación para o desenvolvemento “Xanela aberta”
Directa:
- Poboación xeral: as persoas que acode aos tres festivais onde será presentada a curta documental.
- Poboación específica con alta capacidade de réplica: grupos informais de mulleres como clubs de calceta, croché, asociacións de amas de casa, de vecinos/as, ou mulleres propietarias ou traballadoras de pequenas tendas ou talleres textiles, asociacións feministas; mulleres galegas das mesmas franxas etarias das que aparecen no documental e mulleres novas; persoas que se están formando en materias relacionadas coa moda e o sector textil: selecciónanse alumnas e alumnos das escolas de deseño e moda co obxectivo de que teñan en conta a información recibida na súa labor profesional no futuro; alumnado da Facultade de educación e asociacións e ONGD
- Partidos políticos que escoiten as demandas e a situación das traballadoras da confección global e que poidan ter en consideración a súa problemática e tomar medidas ó respecto.
- Público en xeral interesado en formarse nas causas estruturais da feminización da pobreza a través da formación no Xanela Aberta ao Sur.
- Organizacións galegas que colaboran con Amarante e participan da formación no Xanela como outro xeito de creación de redes e de capacidade de réplica
29.993 €; 11.997,20 € (2014) e 17.995,80 € (2015)