Proxectos

Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 2ª fase

Amarante-Setem impulsou este proxecto, como segunda fase dun anterior, co obxectivo de que as persoas consumidoras tomen conciencia da situación de pobreza e da violación dos dereitos humanos do persoal laboral da industria global da confección, que son principalmente mulleres. Neste sentido, o proxecto apoia e difunde as campañas que se realizan a nivel estatal e internacional para aumentar o impacto e incidencia das mesmas nos distintos actores sociais. Nesta fase crearase ademais un espazo web para dar a coñecer alternativas de consumo de roupa en Galicia. Por outro lado, lévase a cabo o programa formativo “Xanela Aberta ao Sur”, que posibilita a visita a organizacións do Sur. Así mesmo, trabállase coas organizacións que forman parte da rede internacional da Clean Clothes Campaing, dando apoio ás demandas das organizacións do Sur e á tradución de materiais e investigacións ao galego.

 

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á redución da feminización da pobreza no sector da confección global e ao respecto aos dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable.
Obxectivo Específico: As persoas consumidoras, en especial a mocidade e a comunidade universitaria, toman conciencia da situación de pobreza e da violación dos dereitos humanos das persoas traballadoras da industria global da confección, principalmente mulleres, mobilízanse para melloralas e coñecen alternativas de consumo responsable para construír outro modelo de consumo máis sostible e respectuoso coas condicións de vida de todas as persoas no sector do téxtil.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: 250 alumnas/os fórmanse nas causas da feminización da pobreza e as condicións de vida e laborais das persoas que traballan no sector da confección nos países empobrecidos e coñecen a Campaña Salarios Dignos de Roupa Limpa
Actividades:
A.1.1.1: Realización dun traballo estable a través de obradoiros, charlas e materiais coas facultades de CC. Políticas, Escola de Moda, Cifex e CC. da Educación no traballo sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil dos países empobrecidos.
A.1.1.2: Promover unha liña de roupa de comercio xusto customizada cos alumnos/as de 3º da Escola de Moda Mestre Mateo.
Resultado 1.2: 7.000 persoas están informadas e seguen a labor de Roupa Limpa e a campaña de salarios dignos e 300 persoas fanse ciberactivistas e apoian a campaña a través do noso Facebook e a web de roupa limpa e Amarante.
Actividades:
A.1.2.1: Lanzamento da Campaña Salarios Dignos en Galicia: presentación e difusión nas redes sociais.
A.1.2.2: Mantemento da web de Roupa Limpa en galego coas novas. Crearanse eventos de Facebook e un banner de apoio á Campaña Roupa Limpa para facerse ciberactivista e difundirase noutros medios de comunicación en internet.
Resultado 1.3: A lo menos 2.500 persoas coñecen o programa Xanela Aberta ao Sur e 25 persoas fórmanse neste programa sobre as causas estruturais da pobreza e en especial da feminización da pobreza e o fomento da solidariedade entre os pobos e 15 viaxan a coñecer ás organizacións do Sur e en especial ás do téxtil.
Actividades:
A.1.3.1: Desenvolvemento do programa de Educación e sensibilización “Xanela Aberta ao Sur” e viaxes aos países do Sur.
Resultado 1.4: A sociedade galega coñece alternativas de consumo responsable de roupa e comercio xusto a través do blogue onde 12 iniciativas de consumo alternativo de roupa dan a coñecerse.
Actividades:
A.1.4.1: Creación dun espazo web para alternativas do téxtil.
A.1.4.2: Celebración dun Encontro téxtil para promover unha produción de roupa con criterios de comercio xusto, ético e sostible.
A.1.4.3: Celebración da XIII Semana Galega de Comercio Xusto: Vestir Conciencias.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 7.255 (3.650 mulleres)
Indirecta: 89.809
 

Axudas: 

29.844,00 (2013: 11.937,60 ; 2014:17.906,40)