Proxectos

Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas en mulleres Maya-mam no municipio de Santa Bárbara Huehuetenango. Fase II

O propósito desta segunda fase do proxecto é similar á fase 1, centrándose na promoción da igualdade de xénero desde o empoderamento das mulleres das comunidades de La Vega e Cerro Gavilán da aldea Xaconllaj no municipio de Santa Bárbara departamento de Huehuetenango. Considérase, ademais, proporcionar ás mulleres unha seguridade adicional de medios de vida sobre todo en tempos de crise como o que ocorreu debido á pandemia da COVID-19; por medio de hortas familiares principalmente para elas e as súas fillas e fillos, pero tamén para toda a familia. O proxecto propón dúas grandes actuacións: 1) Empoderamento psicosocial e político das mulleres, e 2) Empoderamento económico das mulleres de dúas comunidades do municipio aos que se engade unha terceira compoñente de fortalecemento das prácticas agropecuarias co fin de mellorar as condicións nutritivas das familias.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Huehuetenango (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Contraparte: 

Organización non Gubernamental para o Desenvolvemento Humano Integral Sustentable, “TIERRA NUEVA”

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
1516000 - Dereitos humanos
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
31163 - Gandeiría
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao exercicio dos dereitos sociais e económicos das mulleres Maya-mam do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala

Específico: Mellorar a participación política, a prevención da violencia intrafamiliar e a xeración de ingresos das mulleres Maya-mam de Santa Bárbara, Huehuetenango

Resultados e actividades: 

R.1. As mulleres Maya-Mam están empoderadas para unha vida libre de violencia intrafamiliar e participan en espazos de incidencia política.

A.1.1. Formación sobre a prevención da violencia intrafamiliar a mulleres e homes Maya-Mam

A.1.2. Actividades de sensibilización sobre os dereitos das mulleres con titulares de obrigas

A.1.3. Coordinación coa Dirección Municipal da Muller de Santa Bárbara e entidades gubernamentais para o fortalecemento dos dereitos das mulleres.

A.1.4. Reunións co Consello Consultivo de Tierra Nueva e grupos de Mulleres Maya-Mam.

A.1.5. Construcción e presentación dun plan de incidencia política coas mulleres e homes participantes no proxecto.

A.1.6. Presentación ante entidades gobernamentais e municipais de proxectos xerados por mulleres, validadas por homes e mulleres, en espazos de participación política.

R.2. Mulleres Maya-Mam fortalecen os seus coñecementos e prácticas na producción de alimentos sans e nutritivos xerando benestar integral para elas e as súas familias.

A.2.1. Formación das mulleres participantes no desenvolvemento de prácticas agroecolóxicas e pecuarias para a producción de alimentos sans e nutritivos, para elas e as súas familias

A.2.2. Implementación de hortas hortícolas e frutícolas nas parcelas das mulleres participantes

A.2.3. Construción e implementación de sistemas de augas grises, para regas das parcelas

R.3. 19 unidades produtivas de carne xestionadas polas Mulleres Maya-Mam melloran a calidade da súa produción e teñen mellor acceso aos mercados

A.3.1. Desenvolvemento de talleres para fortalecer o empoderamento e xestión económica das mulleres participantes

A.3.2. Implementación de sistemas de captación de auga de choiva para unidades produtivas

A.3.3. Realización de reunións e asistencia técnica na elaboración de plans produtivos coas mulleres participantes.

A.3.4. Talleres de formación en manexo post-produtivo no procesamento e transformación de produtos cárnicos porcinos

A.3.5. Asistencia técnica para a identificación de mercados e alianzas para a promoción e comercialización de produtos cárnicos

Poboación beneficiaria: 

Directa: 455 persoas (40 homes, 120 mulleres, 125 nenos e 170 nenas)

Indirecta: 9.000 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)