Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables en mulleres Mayas Mam vinculadas ao sector agropecuario de pequena escala no municipio de Santa Bárbara Huehuetenango. Guatemala
O proxecto adopta o enfoque baseado en dereitos, recoñecendo a importancia da independencia económica como unha achega para a erradicación da violencia contra a muller en contextos de desigualdade rural. As brechas para o desenvolvemento pleno das mulleres no ámbito económico fortalecen as desigualdades de xénero, condutor de todos os tipos de violencia contra a muller e, por tanto, esta proposta concíbese como unha achega para a redución destas brechas nos contextos de desigualdade rural. O propósito do proxecto é promover a igualdade de xénero desde o empoderamiento das mulleres. Aposta pola inclusión social, política e a independencia económica das mulleres maya mam. Pretende incrementar nelas a capacidade de configurar as súas vidas desde o fortalecemento da identidade indíxena Mam, a autoestima, a autonomía persoal e económica, desde a posta en marcha de proxectos económico-produtivos con enfoque agropecuario como prioridade para o empoderamiento das mulleres e así lograr a igualdade de xénero desde a autonomía económica. Xorde da necesidade de facilitar ás mulleres maya mam de Santa Bárbara alternativas que lles permitan ser parte activa do desenvolvemento social e económico local das súas comunidades, fortalecendo capacidades persoais, familiares e comunitarias que coadyuven a reducir a brecha de participación, incidencia e toma de decisións entre homes e mulleres, tanto a nivel familiar como comunitario.
Organización no Gubernamental para el Desarrollo Humano Integral Sostenible “TIERRA NUEVA” ONG
Xeneral: Contribuír ao exercicio dos dereitos das mulleres mayas mam do municipio de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala.
Específico: Fortalecer o exercicio dos dereitos sociais e económicos das mulleres mayas mam de Santa Bárbara, Huehuetenango.
RE 1.1. Mulleres maya-mam líderes das comunidades do ámbito do proxecto, empoderadas e fortalecidas en liderado e incidencia para o exercicio dos seus dereitos.
- A.1.1.1 Formación e acompañamento técnico en liderado, dereitos da muller, economía feminista, participación da muller en espazos de xestión.
- A 1.1.2 Integración de mulleres participantes no proxecto a espazos de participación local (COCODES) por medio do fortalecemento de capacidades.
RE 1.2 Mulleres maya-mam fortalecidas na súa autonomía económica; que deseñan, planifican e implementan emprendementos económicos agropecuarios desde un enfoque sustentable, solidario e de dereitos humanos.
- A 1.2.1 Formación e acompañamento técnico en prácticas pecuarias amigables co ambiente.
- A 1.2.2 Elaboración de plans de negocio con perspectiva de xénero que promovan a participación da muller no sector produtivo, garantindo o acceso á capacitación, adestramento e asesoramento técnico de comercialización e distribución dos seus produtos.
- A 1.2.3 Adecuación/construción de unidades individuais de produción.
- A 1.2.4 Procesamento e transformación de produtos cárnicos.
470 beneficiarios, dos cales 320 mulleres, 25 homes e 125 mozos. Nas comunidades impactadas polo proxecto cada muller representa unha familia cunha media de 5 integrantes, por tanto, beneficiouse directamente un total de 1.600 persoas. Como beneficiarios indirectos, unha media de 35.000 familias durante a vida do proxecto.
Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2020: 70.000 €; 2021: 105.000 €)