Proxectos

Proxecto de mellora da transformación e comercialización de produtos pesqueiros realizadas por mulleres de comunidades dedicadas á pesca e acuicultura en Nicaragua.

O presente acordo de coordinación forma parte do esforzo dos actores galegos na obtención de fondos europeos en materia de cooperación para o desenvolvemento, aspecto fomentado no III Plan Director da Cooperación Galega. No mes de decembro de 2013 a Comisión Europea no marco da Convocatoria de Axentes non Estatais e Autoridades Locais para o Desenvolvemento en Nicaragua, comunicou á Fundación CETMAR a aprobación do financiamento para o desenvolvemento deste proxecto. Como en todo proxecto europeo, é preciso un cofinanciamento de, polo menos, o 25% da cantidade aprobada, cofinanciamento que se fai efectivo a través do presente acordo de coordinación

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao empoderamento e á participación no diálogo social das pescadoras e vendedoras de pescado procedente da pesca artesanal e da acuicultura rural a pequena escala.
Obxectivos Específicos:
OE1- Aumentar a participación social das procesadoras e vendedoras de pescado procedente da pesca artesanal e acuicultura rural.
OE2 – Reforzar as capacidades profesionais das mulleres do sector da pesca e acuicultura rural a pequena escala no procesamento e comercialización.
OE3 –Incrementar os ingresos económicos das mulleres.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1. Deseñado e implementado de forma participativa un plan de mellora do papel e contribución actual da muller ao desenvolvemento da pesca artesanal e á acuicultura rural a pequena escala.
Actividade 1.1 - Avaliación da situación actual das mulleres que traballan no sector da transformación e comercialización de pescado.
Actividade 1.2 - Análises dos mercados e a cadea de valor dos produtos pesqueiros.
Actividade 1.3 - Propostas de mellora.
Resultado 2. Reforzadas as capacidades institucionais para levar a cabo accións específicas de promoción do emprego e xeración de ingresos no entorno rural.
Actividade 2.1 - Formación de formadores/axentes de extensión para acompañar o proceso de formación e iniciativa empresarial das asociacións de mulleres.
A 2.1.1 - Designación de formadores procedentes de organismos da administración pesqueira ou da Formación Profesional.
A 2.1.2 – Formación de formadores sobre as actividades de extensión, manipulación, procesado e comercialización.
A 2.1.3 – Seguimento e avaliación do programa de formación de extensionistas (formadores pesqueiros).
Actividade 2.2. - Estudo da posibilidade de crear un Servizo Nacional de Extensión.
Resultado 3. Creadas e reforzadas as asociacións e redes de ANE representativas do sector da pesca e a acuicultura a pequena escala.
Actividade 3.1 – Promover a creación de novas asociacións de mulleres transformadoras e vendedoras de pescado e reforzar as organizacións xa existentes.
A 3.1.1 - Realización de reunións programadas con mulleres do sector.
A 3.1.2- Creación das asociacións de mulleres transformadoras e vendedoras de pescado e fortalecemento das xa existentes.
A 3.1.3 - Deseño dun programa de capacitación específico.
Resultado 4. Reforzadas as capacidades das mulleres no procesamento, a comercialización e a venda de pescado, a través de formación e divulgación.
Actividade 4.1 – Deseño e implementación dun programa de capacitación para as mulleres da pesca artesanal e a acuicultura.
A 4.1.1- Elaboración de contidos e material formativo.
A 4.1.2 – Realización das formacións nas comunidades.
A 4.1.3 – Seguimento e avaliación do programa de formación.
Resultado 5. Favorecido o desenvolvemento de actividades económicas xeradoras de ingresos, formando ás asociacións en materia de iniciativa empresarial e desenvolvemento de actividades produtivas rentables e sostibles, a través de capacitación, asistencia técnica e posta en marcha de accións piloto.
Actividade 5.1 – Deseño e realización de plans de negocio polas asociacións de mulleres transformadoras e vendedoras de pescado.
A 5.1.1 - Selección de proxectos piloto.
A 5.1.2 - Implementación dos proxectos piloto.
A 5.1.3 - Deseño dun plan de seguimento.
Resultado 6. Creados espazos de intercambio e diálogo a través da creación dunha rede de traballo onde estean presentes as mulleres do sector; as administracións locais, rexionais e nacionais; administración pesqueira; universidades e sector privado.
Actividade 6.1 – Realización de seminarios de traballo de todos os actores implicados na transformación e comercialización dos produtos procedentes da pesca e a acuicultura a pequena escala.
 

Axudas: 

125.000 € (28.668,00 € en 2014; 34.332,00 € en 2015; 62.000 € en 2016)