PROXECTO DE PROMOCIÓN DE TÉCNICAS DE AGRICULTURA SOSTIBLE PARA A SEGURIDADE E SOBERANÍA ALIMENTARIA DO DEPARTAMENTO DE SUCHITEPEQUEZ (GUATEMALA)
O proxecto pretende mellorar a calidade de vida de sete comunidades do municipio de Santo Domingo de Suchitepequez: La Lupita, Conrado de la Cruz, Monseñor Romeiro, Monte Gloria, Willy Wood, Santa Rita e Santa Cruz Laredo divulgando as técnicas agrícolas sostibles e soberanas.
Nesta iniciativa desenvolveranse tres compoñentes:
a) A formación de 30 promotoras agrícolas en 7 comunidades de Santo Domingo responsables de diseminar a súa aprendizaxe entre 8 veciñas/os da súa comunidade, apoiadas polas parcelas que cultivarán con técnicas sostibles.
b) 30 parcelas piloto traballadas segundo as súas necesidades concretas para a conservación e recuperación do chan e a auga, así como favorecer a fertilización orgánica.
c) Finalmente, tendo en conta o momento de cambio xeracional no que se encontra o socio local, unha capacitación institucional e organizativa da nova xunta directiva.
Período de execución: xullo 2010 - decembro 2010
Asociación de Mujeres Madre Tierra (AMT)
Mellorar as condicións de seguridade alimentaria sobre a base dunha agricultura sostible e soberana no municipio de Santo Domingo, provincia de Suchitepequez (Guatemala)
Preparación dos útiles se seguimento proxecto polo equipo de AMT e selección e comunicación deste ás 30 promotoras.
Contratación dun/a técnico/a en agricultura sostible e soberana.
Taller de capacitación de 4 días en conservación do chan, retención da auga, fertilización orgánica e sistemas de diversificación de cultivos ás 30 promotoras.
Diagnóstico rápido participativo do estado das parcelas, identificar os problemas, dar prioridade ás técnicas apropiadas de agricultura sostible a implementar.
Divulgación da experiencia a 240 familias/mulleres, 8 familias cada promotora
As 30 promotoras visitan e aconsellan melloras nas parcelas de 8 familias veciñas e realizan un informe de situación.
Compras de sementes, tubérculos, froiteiras, herbas, feixón, aboamento e ferramentas para o cultivo
Realizar prácticas de conservación de chans e auga. (Barreiras mortas, barreiras vivas, labranza mínima, etc.)
Semente de feixón aboamento ou mucuna para a fixación de nitróxeno e a produción de biomasa nas 30 parcelas.
Plantación de cultivos diversificados locais (millo, feixón, cultivos nativos, chipilín, iuca, camote, macal, yame, malanga, beldro, herba moura, tomate ril, plátano).
Encontro campesiño de promotoras de avaliación de avances e obstáculos da experiencia, para a posterior diseminación desta a toda a comunidade.
Identificación de necesidades de fortalecemento da contraparte (análise DAFO)
Taller do Ciclo de Xestión do Proxecto.
Talleres das necesidades manifestadas por la asociación AMT (realización de memorias, incorporación en redes de apoio, etc.).
Avaliación interna do proxecto e realización de propostas de seguimento sostible deste.
Directa: 30 nais de familia do medio rural
Indirecta: 310 familias que supoñen unhas 1.350 persoas
23750