Proxectos

Proxecto de saneamento ambiental en Champerico, Departamento de Retalhuleu. Guatemala. Fase III

O principal obxectivo do Proxecto Integral de Saneamento Básico (Convenio III) é contribuír a que catro comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentada na promoción da equidad, o respecto aos dereitos humanos, á identidade étnica e á diversidade cultural e a protección do medio ambiente.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Solidaridad Internacional Guatemala

Código CRS: 
140 - Abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento sustentable e sostible do municipio de Champerico fomentando a promoción da equidade, o respecto aos dereitos humanos e a protección do medio ambiente.
Obxectivo Específico: Fortalecer a capacidade de 4 comunidades do municipio de Champerico para asumir unha adecuada xestión do recurso hídrico e o adecuado manexo de excretas e augas servidas e mellorar de forma sostible condicións hixiénico sanitarias de 578 familias destas.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Haberanse garantido e/ou mellorado os procesos de potabilización da auga nas comunidades La Esperanza, El Palmo, San Miguel Las Pilas e Olga María Cuchuapán.
Actividades:
A.1.1.: Deixar instaladas en catro comunidades capacidades técnicas (humanas e materiais) para o tratamento periódico do auga utilizada para o consumo humano.
A.1.2.: Rehabilitar sistema de auga potable por gravidade e poñelo en funcionamento na comunidade Olga María Cuchuapán.
Resultado 1.2.: Haberanse mellorado a cobertura e calidade do saneamento ambiental comunitario e domiciliar en La Esperanza, El Palmo e San Miguel Las Pilas, coa construción das acometidas domiciliares internas, as cales permiten a posta en funcionamento dos sistemas de drenaxes.
Actividades:
A.2.1.: Construír conexións domiciliares dentro dos lotes das comunidades Barrio La Esperanza, Barrio El Palmo e Aldea San Miguel Las Pilas.
Resultado 1.3.: Haberanse fortalecido organizativa e técnica ás comunidades La Esperanza, El Palmo, San Miguel Las Pilas e Olga María Cuchuapán, para a operación e mantemento da infraestrutura básica de auga e saneamento e para a mellora dos seus hábitos de hixiene e coidado do medio ambiente.
Actividades:
A.3.1.: Realizar talleres teórico-prácticos para capacitar a catro grupos de fontaneiros (un por comunidade) sobre mantemento e reparacións básicas dos seus sistemas de auga potable e/ou drenaxes.
A.3.2.: Realizar talleres teórico - prácticos para capacitar a 20 integrantes de catro comités comunitarios, sobre administración e contabilidade básica para a xestión sostible dos seus sistemas de auga potable e/ou drenaxes.
Resultado 1.4.: Haberanse promovido o diálogo comunitario-municipal para garantir a xestión eficiente e sostible dos servizos de auga e saneamento con enfoque de xénero nas comunidades La Esperanza, El Palmo, San Miguel Las Pilas e Olga María Cuchuapán.
Actividades:
A.4.1.: Realizar talleres teórico - prácticos para capacitar a 20 líderes e lideresas de catro comunidades de Champerico, sobre Xestión participativa dos servizos de auga e/ou saneamento con enfoque de xénero.
Resultado 1.5.: Incorpóranse na execución do proxecto as recomendacións emitidas na avaliación sobre o sub compoñente de auga e saneamento garantindo o funcionamento adecuado da infraestrutura construída e fortalecendo a capacidade de autoxestión que lle de sostibilidade aos servizos de auga e saneamento existentes.
Actividades:
A.5.1.: Realizar reunións e/ou visitas de monitoreo con comunidades, municipalidade e/ou persoal técnico do proxecto por parte da Coordinación do Programa Oxlajuj Tzikín.
A.5.2.: Realizar reunións e/ou visitas de monitoreo con comunidades, municipalidade e/ou persoal técnico do proxecto por parte da Coordinación do Proxecto.
A.5.3.: Realizar reunións de liderazgo comunitario e/ou asembleas comunitarias con autoridades e/ou técnicos municipais.

Poboación beneficiaria: 

Directa:  2770 persoas de poboacións da área rural e urbana, con diversidade étnica e de orixe, en situación de pobreza e extrema pobreza e con deficiente acceso aos servizos sociais básicos.
Indirecta: A poboación do Municipio no seu conxunto, composta por 35.000 habitantes aproximadamente, dos cales o 52.4 % son homes e o 47.6 % son mulleres. O 31 % pertence á área urbana e o 69 % á área rural.

Axudas: 

123577