PROXECTO DE SAÚDE MATERNO – INFANTIL E PROTECCIÓN INFANTIL EN SANTO DOMINGO DE LOS COLORADOS (ECUADOR)
OBXECTIVO
Mellorar o estado de saúde materno-infantil e garantir a protección da infancia en 12 asentamentos humanos do Cantón de Santo Domingo. Utilizarase como estratexia o fortalecemento de grupos de axentes comunitarios especializados en 3 áreas de coñecemento: saúde materno- infantil, protección e bo trato e desenvolvemento comunitario
BENEFICIARIOS
Directos: 1.676 familias beneficiarias
Indirectos: Escolas da zona de intervención. Docentes ou educadores comunitarios das escolas as que asisten nenos e nenas dos asentamentos
ACCIÓNS
O proxecto articulase en tres eixos de intervención:
- Mellora da saúde materno – infantil a través da promoción de prácticas de vida saudables e do fortalecemento dunha rede de axentes de saúde comunitarios coa capacidade para identificar os casos de enfermidades máis graves e remitilos ás institucións de saúde.
- Protección infantil a través da identificación e seguimento dos casos de violencia familiar, a capacitación/sensibilización ás familias sobre o bo trato e o seguimento escolar dos nenos e nenas dos distintos asentamentos.
- Desenvolvemento comunitario a través da creación e fortalecemento de grupos de axentes comunitarios con capacidade para identificar os problemas xunto á poboación e xestionar solucións
116.415,26 EUROS