Proxecto de transformación para o desenvolvemento do emprendemento e autoemprego de mulleres productoras agroecolóxicas do municipio de Huitán, Quetzaltenango, Guatemala- “qya b´ant b´e (muller facendo camiño)”
O proxecto de transformación para o desenvolvemento do emprendemento e autoemprego de mulleres produtoras agroecolóxicas, é unha intervención dirixida a mellorar os ingresos familiares e o emprego, prioritariamente, de 276 mulleres campesiñas indíxenas, de 9 comunidades periurbanas e rurais do Municipio de Huitán ( Quetzaltenango, Guatemala).
Para iso, o proxecto expón cinco compoñentes:
1. Fomento da asociatividade, mediante a creación dunha cooperativa que aglutine a todas as persoas beneficiarias.
2. Mellora da calidade e cantidade de produción agroecolóxica en hortas ao descuberto, plantacións froiteiras e invernadoiros.
3. Dar valor agregado aos produtos agroecolóxicos mediante a súa transformación en xeleas, marmeladas, mollos, froitas deshidratadas, encurtidos, etc.
4. Superación do mercado local mediante acordos estratéxicos para lograr acceder ao mercado departamental e mesmo ao nacional.
5. Fortalecemento das capacidades dos gobernos locais para a incorporación de estratexias de desenvolvemento económico local. Preténdese xerar procesos de coordinación coa municipalidade de Huitán para o fortalecemento dos gobernos locais a través de capacitacións que permitan brindar estratexias para identificar as potencialidades económicas do municipio, así como as adversidades que poden afectar ao desenvolvemento dos procesos implementados.
O proxecto está aliñado cos plans e programas de desenvolvemento e xeración de emprego departamentais e municipais, como así queda reflectido no Plan de Desenvolvemento Departamental 2011 – 2021, e o Plan de Desenvolvemento do Municipio de Huitán 2012 – 2025 elaborados pola Secretaría de Planificación e Programación da Presidencia (SEGEPLAN) e a municipalidade. Isto garante que a nivel municipal, o proxecto conte cun forte apoio, froito do cal a alcaldía cedeu 5 cordas de terreo, así como un espazo de venda no mercado municipal.
Ademais, no ano 2014, aprobouse o Plan de Emprego e Produtividade, que incluía o fomento de iniciativas produtivas para os municipios con maiores índices de pobreza no país, como é o caso de Huitán. Así mesmo, o municipio realiza accións de seguridade alimentaria promovidas desde o Ministerio de Agricultura e a Secretaría de Seguridade Alimentaria e Nutricional, polo que as accións do proxecto son coherentes e poderán articularse cos plans e políticas nacionais dunha maneira harmoniosa.
Centro Experimental para el Desarrollo de la Pequeña y Mediana Empresa Rural, S.C. (CEDEPEM)
Obxectivo xeral: Contribuír a reducir a pobreza e a inseguridade alimentaria e nutricional no Municipio de Huitán (Guatemala), a través de emprendementos produtivos e o fomento da asociatividade, en liña co ODS 8, desde un enfoque baseado nos dereitos humanos e a equidade de xénero.
Obxectivo específico: Aumentar as capacidades produtivas agroecolóxicas de transformación de produtos e comercialización, de 300 produtoras e produtores indíxenas, a través do fortalecemento de capacidades e o fomento da asociatividade no municipio de Huitán (Guatemala).
Resultado 1.1: Fomentada a asociatividade das/os produtoras/e agroecolóxicas/os de Huitán a través da creación dunha cooperativa para a xestión e comercialización dos produtos agroecolóxicos.
- A.1.1.1: Firma do convenio entre a cooperativa de asociacións de Huitán e o INACOP para a creación da Cooperativa.
- A.1.1.2: Capacitacións do INACOP ás persoas beneficiarias para a constitución da cooperativa.
- A.1.1.3: Inscrición da Cooperativa Agroecológica de Huitán
- A.1.1.4: Elaboración dos regulamentos de control e funcionamento da Cooperativa.
- A.1.1.5: Asambleas, ordinarias e extraordinarias da Cooperativa, para a aprobación de decisións sobre: Aprobación de estatutos, firmas de convenios, Cesión de terreos, Cesión de instalacións, Presentación de Informes de comisións e Consello de Administración aos asociados, Auditorías.
Resultado 1.2: Melloradas as capacidades de produción agroecolóxica a través da capacitación técnica e a mellor xestión de hortos ao descuberto, invernadoiros e froiteiros.
- A.1.2.1: Organización de Grupos de beneficiarios (60 persoas para 12 invernadoiros, 120 para manexo de hortos agroecolóxicos e 120 para árbores froiteiras).
- A.1.2.2: Selección e preparación do terreos para a produción agrícola (invernadoiros, hortos e árbores).
- A.1.2.3: Capacitación sobre Construción de invernadoiros.
- A.1.2.4: Cotización, compra e distribución de materiais de construción de invernadoiros.
- A.1.2.5: Construción de invernadoiros
- A.1.2.6: Cotización, compra e distribución de pilones e insumos.
- A.1.2.7: Capacitacións sobre aspectos técnicos agrícolas para a produción de tomate.
- A.1.2.8: Capacitacións e asistencia técnica agrícolas para hortos agroecolóxicos.
- A.1.2.9: Capacitacións e asistencia técnica Frutícola
- A.1.2.10: Sementa de pilones, Limpas, Fertilización, Poda e tutoreo, Control Fitosanitario.
- A.1.2.11: Colleita de tomate, hortalizas e froiteiras.
- A.1.2.12: Capacitacións sobre comercialización.
- A.1.2.13: Melloramento da produción de árbores froiteiras comerciais.
- A.1.2.14: Limpezas, Fertilización, control fitosanitario.
- A.1.2.15: Clasificación e Comercialización da produción agrícola (tomate, hortalizas e froiteiras).
- A.1.2.16: Realización de visitas de vixilancia e seguimento da produción agroecolóxica.
Resultado 1.3: Incrementadas as capacidades existentes no emprendemento produtivo de transformación de produtos agroecolóxicos mediante a capacitación e mellor equipamento do mesmo.
- A.1.3.1: Firma de convenio entre INTECAP e CEDEPEM
- A.1.3.2: Actividades de asistencia técnica e capacitacións na organización beneficiaria.
- A.1.3.3: Rehabilitación do centro de provisión, transformación e almacenamento.
- A.1.3.4: Compra e distribución de equipos e materiais
- A.1.3.5: Obtención de licenza sanitaria.
- A.1.3.6: Creación do logotipo identificativo da Cooperativa agroecolóxica de Huitán.
Resultado 1.4: A recentemente creada Cooperativa Agroecolóxica de Huitán articulouse cunha Rede de Comercialización de produtos agroecolóxicos de comercio xusto.
- A.1.4.1: Firma de convenio entre a Rede Kuchub’ao e a cooperativa agroecolóxica de Huitán para a venda de produtos transformados.
- A.1.4.2: Certificación dos produtos agrícolas da Cooperativa agroecolóxica de Huitán.
- A.1.4.3: Convenio de colaboración entre a Rede Kuchub’ao e a cooperativa agroecolóxica de Huitán para a venda nos domingos orgánicos e cestas ecolóxicas.
- A.1.4.4: Participación en 6 domingos agroecolóxicos en Quetzaltenango.
- A.1.4.5: Participación nos mercados locais de Huitán, San Juan Ostuncalco e Sibilia
Resultado 1.5:
Fortalecidas as capacidades locais do goberno municipal de Huitán con relación ao desenvolvemento económico local.
- .A.1.5.1: Capacitacións para o fortalecemento de capacidades locais sobre o desenvolvemento económico local
- A.1.5.2: Elaboración de proposta de desenvolvemento económico local do municipio.
- A.1.5.3: Presentación da proposta de desenvolvemento económico local ao goberno municipal e a representantes de organizacións locais.
Directa: Homes (24), Mulleres (276)
Indirecta: Nenos (839), Nenas (961)
Axuda Xunta de Galicia: 137.850,00 € (2018: 55.140,00 €; 2019: 82.710,00 €)