Proxectos

Proxecto integral de educación infantil en Varela ( Guinea Bissau)

O proxecto de educación que se quere desenvolver enmárcase dentro das prioridades do Documento de Estratexia Nacional para a Redución da Pobreza (DENARP), elaborado polo actual goberno de Guinea-Bissau. Os motivos principais da construción do Xardín de Infancia son os seguintes: Ensinar ós nenos/as os idiomas: criollo-bissauguineano e portugués, para que teñan un nivel mellor na linguaxe cando empecen os estudios de primaria. Se os nenos recoñecen as letras e xa usan unha lingua común, y non a lingua de su etnia se conseguirá reducir notablemente o fracaso escolar; Para que as nenas non teñan que facer a labor de coidar os seus irmáns pequenos, e podan asistir a escola e así evitar o abandono escolar das xoves de 11 a 14 anos; Para poder facer un control médico e nutricional dos nenos/as. Tamén para poder darlles de comer papillas e así evitar a severa desnutrición.

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Varela (rexión)
Axentes: 
MIRADAS AL MUNDO
Contraparte: 

 ECAS_D Estructura Comunitaría de Animación y Sensibilización para el Desarrollo.

Código CRS: 
11240 - Educación primeira infancia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida dos habitantes vulnerables da rexión de Varela.
Obxectivo específico 1: Escolarizar ós nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Obxectivo específico 2: Dar de comer a diario ós nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Obxectivo específico 3: Mellorar os hábitos de alimentación e hixiene nas persoas vulnerables da comunidade de Varela.
Obxectivo específico 4: As nenas de 3 a 6 anos non faltan a clase por ter que coidar ós seus irmáns.
Obxectivo específico 5: As nais e país refuxiados de Senegal dispón de capacidade para traballar e poder comer.

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Constrúese e equípase un Xardín de Infancia con 2 aulas para os 140 nenos e nenas de 3 a 6 anos de Varela.
Resultado 2: Facilítanse sesións cada 4 meses de formación para toda a comunidade sobre a alimentación saudable, hixiene e coidado das mulleres embarazadas e nenos/as de 0 a 3 anos.
Resultado 3: Facilítanse sesións cada 4 meses para ensinar a os nais y pais os beneficios e a importancia da educación para a sostenibilidade e empoderamento da comunidade.
Actividades
A.1. Fórmase a unha profesora para que poda ensinar a nenos de 3 a 6 anos.
A.2. Constrúese unha escola de 2 habitacións para 140 nenos e nenas.
A.3. Mércase material escolar para equipar a escola, para que a profesora poda ensinar e os nenos e nenas podan aprender.
A.4. Créase un comité de xestión e mantemento do Xardín de Infancia.
A.5. Mércase unha máquina para pelar o arroz (para manter o Xardín de Infancia cos beneficios económicos).
A.6. Dar de comer a os nenos/as de 3 a 6 anos papillas a diario no Xardín de infancia.
A.7. Selección e formación dos formadores sobre alimentación saudable, hixiene e coidado das mulleres embarazadas e nenos/as de 0 a 3 anos.
A.8. Formación básica sobre alimentación saudable, hixiene e coidado das mulleres embarazadas e nenos/as de 0 a 3 anos.
A.9. Selección e formación dos formadores sobre a importancia da educación.
A.10. Formación básica sobre a importancia da educación.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 112 nenos de entre 3 a 6 anos; e 98 nenas de entre 3 a 6 anos.
Indirecta: Nenas de 8 a 12 anos (pois poden asistir a clase en lugar coidar de os seus irmáns pequenos) e pais e nais refuxiados de Senegal; familias da comunidade de Varela, (en especial: as mulleres embarazadas e nenos/as menores de 3 anos pois os seus hábitos de hixiene e nutrición van a mellorar.)

 

Axudas: 

15.429,21 € (2014)