Proxectos

PROXECTO INTEGRAL DE SANEAMENTO BÁSICO EN CINCO COMUNIDADES DE CHAMPERICO, RETALHULEU. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA

Contribuír a que 5 comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentado na promoción da equidade, o respecto aos dereitos humanos, a identidade étnica e a diversidade cultural e a protección do medio ambiente.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

ASOCIACIÓN PRO AGUA DEL PUEBLO (ADP)

Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
Obxectivos: 

Contribuír a que 5 comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentado na promoción da equidade, o respecto aos dereitos humanos e a protección do medio ambiente.

Resultados e actividades: 

1. Visitar Santa Cruz Cajolá para presentación do proxecto, establecer coordinacións e firmas de convenios.
2. Cotizar, adquirir e trasladar insumos para o tratamento da auga.
3. Visitar El Palmo, La Esperanza e San Miguel Las Pilas para presentación do proxecto, establecer coordinacións e firmas de convenios.
4. Elaborar TDR para realización de estudios de sistemas de drenaxe, avaliar oferentes e contratación do servizo.
5. Realizar estudios técnicos dos sistemas de drenaxe.
6. Visitar María del Mar e Santa Cruz Cajolá para presentar proxecto e/ou establecer coordinacións e firmas de compromisos de familias beneficiarias.
7. Analizar terreos para construción de latrinas aboneras.
8. Cotizar, adquirir e trasladar materiais para latrinas aboneras.
9. Construír latrinas aboneras.
10. Realizar supervisións técnicas.
11. Realizar convocatoria para capacitacións.
12. Seleccionar persoas candidatas.
13. Preparar material didáctico.
14. Capacitar a persoal comunitario en mantemento de sistemas de auga.
15. Compra, cotización e entrega de ferramentas e insumos de fontanería a cada comité comunitario.
16. Realizar mantemento a sistema de auga de Santa Cruz Cajolá.
17. Capacitar a orientadores/as locais en saúde de María del Mar e Santa Cruz Cajolá.
18. Realizar visitas domiciliares en María del Mar e Santa Cruz Cajolá.
19. Capacitar a comité comunitario de Santa Cruz Cajolá en administración básica de sistemas de auga.
20. Administrar sistemas de auga.
21. Capacitar a beneficiarios/as sobre  uso e mantemento de latrinas aboneras.
22. Capacitar a líderes e lideresas en xestión integral do recurso hídrico e do saneamento básico con enfoque de xénero.
23. Elaborar e validar regulamentos de auga.
24. Realizar reunións comunidades-municipalidades.
25. Elaborar, negociar, consensuar e firmar convenios comunidades-municipalidad.
26. Realizar foros comunitarios.

Poboación beneficiaria: 

Directa: familias das comunidades de María del Mar, La Esperanza, El Palmo, San Miguel Las Pilas e Santa Cruz Cajola.
Indirecta: poboación do municipio composta por 25.280 habitantes.

Axudas: 

72.548,00 Euros- Orzamento total do proxecto: 74.386,00 Euros