Proxectos
PROXECTO INTEGRAL DE SANEAMENTO BÁSICO NAS COMUNIDADES DE CHAMPERICO E RETALHULEU. FASE II.
Contribuír a que tres comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna, a través da mellora da infraestrutura hixiénico –sanitaria, sustentada na promoción da equidade, o respecto aos dereitos humanos e a protección do medio.
Ano:
2009
Instrumento de financiamento:
Convenio
Rexión:
Centroamérica e Caribe
País:
GUATEMALA
Zona de actuación:
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes:
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte:
Asociación Pro Agua del Pueblo- ADP
Código CRS:
120 - Saúde
150 - Goberno e sociedade civil
140 - Abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos:
Fortalecer a capacidade de 3 comunidades do municipio de Champerico para asumir unha axeitada xestión do recurso hídrico e o adecuado manexo de excretas e augas residuais, todo iso para mellorar de forma sostible as condicións hixiénico- sanitarias de 606 familias que as habitan
Resultados e actividades:
- Visitar comunidades.
- Realizar firma de convenio en comunidades.
- Cotizar, adquirir e trasladar insumos para o tratamento da auga en La Esperanza, El Palmo e San Miguel Las Pilas.
- Capacitar aos beneficiarios sobre potabilización da auga.
- Realizar análise da auga.
- Inspeccionar os terreos onde se construirán os sistemas de drenaxe.
- Cotizar, adquirir e trasladar materiais para a construción dos sistemas de drenaxe nas comunidades La Esperanza, San Miguel Las Pilas e El Palmo.
- Construír os sistemas de drenaxe nas 3 comunidades.
- Realizar supervisións técnicas dos sistemas de drenaxe nas 3 comunidades.
- Avaliar sistemas de drenaxe.
- Realizar convocatoria nas comunidades.
- Seleccionar persoas candidatas en La Esperanza, El Palmo e San Miguel Las Pilas, en coordinación cos comités comunitarios.
- Preparar material didáctico para os diferentes temas de capacitación baixo a supervisión da coordinación do departamento de educación de ADP.
- Organización dos diferentes talleres.
- Elaborar plan de capacitacións.
- Realizar talleres a fontaneiros/as e aplicar coñecementos adquiridos.
- Capacitar orientadores/as locais en saúde e aplicar coñecementos adquiridos.
- Realizar talleres a comités comunitarios e aplicar coñecementos adquiridos.
- Realizar talleres a beneficiarios/as e aplicar coñecementos adquiridos.
- Realizar supervisións sociais.
- Realizar reunións comunidades -municipalidade de Champerico.
- Capacitar a líderes homes e mulleres.
- Realizar foros comunitarios en La Esperanza, El Palmo e San Miguel Las Pilas.
Poboación beneficiaria:
DIrecta: 1.959 persoas.
Indirecta: A poboación do municipio no seu conxunto, 25.280 habitantes.
Axudas:
339555