Proxectos

Proxecto KLOB'L T'E YAB'IL (prevención da enfermidade) para garantir as condicións esenciais de resposta, en materia de gobernanza, hábitat (auga e saneamento) e hixiene, fronte á COVID19, cunha visión de recuperación e impacto a longo prazo, na Comunidade Mam Cajolá, formada por 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, do departamento de Retalhuleu, Guatemala

A presente intervención ten como obxectivo completar o acompañamento (desenvolto por outros proxectos cofinanciados pola Cooperación Galega) ás familias da etnia mam na mellora dos seus sistemas de gobernanza, xestión de riscos e planificación territorial, por ser estas as principais necesidades inmediatas na primeira fase de recolocación das familias, cuxa Comunidade é de recente creación. En concreto, e ante as condicións de precariedade do asentamento, sumadas aos efectos da COVID-19, o proxecto pretende facer fronte ás condicións inadecuadas de gobernanza, hábitat e hixiene das familias no contexto da pandemia mundial, mediante o fortalecemento das estruturas de goberno comunitarias; a creación e o fortalecemento na xestión de puntos de auga comunitarios, seguros e accesibles e a mellora na xestión das excretas.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)

Código CRS: 
12261 - Educación sanitaria
14031 - Abastecemento de auga
14032 - Saneamento básico
14081 - Educación e formación en abastecemento de auga e saneamento
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables no departamento de Retalhuleu, Guatemala, con especial énfase naqueles con maioría de mulleres nais solteiras e viúvas.

Específico: Garantidas as condicións esenciais de resposta, en materia de gobernanza, hábitat (auga e saneamento) e hixiene, fronte á Covid-19 cunha visión de recuperación e impacto a longo prazo, da Comunidade Mam Cajolá, formada por 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, do departamento de Retalhuleu, Guatemala.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Estruturas de goberno comunitarias acompañadas e asesoradas en aspectos esenciais de gobernanza relacionados coa xestión e a resposta fronte á situación de pandemia por COVID-19.

  • A.1.1.1. Elaboración e difusión dun protocolo comunitario de prevención de contaxios de COVID-19.
  • A.1.1.2. Deseño e difusión dun plan de xestión comunitario de resposta en caso de brote de COVID-19 na comunidade.
  • A.1.1.3. Acompañamento e asesoría ás estruturas comunitarias na toma de decisións en relación coa prevención e xestión da pandemia de COVID-19 na comunidade.

RE 1.2. A comunidade Mam Cajola conta cun punto de auga comunitario apropiado, accesible, seguro e saudable para toda a poboación.

  • A.1.2.1. Elaboración do proxecto de execución da obra do punto de auga.
  • A.1.2.2. Tarefas e xestións preliminares para a construción do punto de auga.
  • A.1.2.3. Execución e xestión da construción do punto de auga.
  • A.1.2.4. Análise da calidade da auga.
  • A.1.2.5. Entrega dos kits de hixiene.
  • A.1.2.6. Entrega e inauguración das obras do punto de auga.

RE 1.3. A comunidade Mam Cajola conta cun punto de auga comunitaria apropiado, accesible, seguro e saudable para toda a poboación.

  • A.1.3.1. Elaboración do proxecto de execución dos sanitarios secos ecolóxicos.
  • A.1.3.2. Tarefas e xestións preliminares para a construción dos sanitarios secos ecolóxicos.
  • A.1.3.3. Construción dos sanitarios secos ecolóxicos.
  • A.1.3.4. Formación sanitaria sobre vivenda saudable e xestión de residuos.

RE 1.4. Xestionado, sistematizado, avaliado e difundido adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto, como o coñecemento xerado no mesmo.

  • A.1.4.1. Actividades de coordinación xeral e seguimento.
  • A.1.4.2. Accións de medición de avances do proxecto: liña de base e medición final da situación da comunidade.
  • A.1.4.3. Avaliación final con enfoque de xénero.
  • A.1.4.4. Taller de sistematización final da experiencia.
  • A.1.4.5. Auditoría externa do proxecto.
  • A.1.4.6. Actividades de comunicación e socialización dos resultados.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 762 persoas (267 familias; 259 mulleres; 95 homes; 177 nenas; 231 nenos).

Indirecta: 7834 persoas (1097 familias; 1139 mulleres; 1101 homes; 2865 nenas; 2729 nenos).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 174.980,00 € (2021: 69.992,00 €; 2022: 104.988,00 €).