Proxecto K'ut qach'ab'äl: Impulsando mecanismos de protección integral para defensoras e defensores de dereitos humanos no occidente de Guatemala
O presente proxecto pretende contribuír a reforzar a protección integral de persoas defensoras de dereitos humanos no suroccidente de Guatemala, unha rexión marcada por altos niveis de conflitividade social, criminalización e violencia institucional cara a quen defende dereitos colectivos, territoriais, de xénero e ambientais. En particular, céntrase no fortalecemento das capacidades organizativas, de seguridade e de articulación política das redes de mulleres defensoras, autoridades indíxenas e colectivos territoriais dos departamentos de San Marcos, Quetzaltenango e Totonicapán.
Espérase que as redes e organizacións de persoas defensoras nos tres departamentos priorizados conten con ferramentas prácticas, recursos técnicos e alianzas para previr riscos, responder a agresións e posicionar colectivamente demandas de protección, verdade e xustiza. O proxecto contempla a produción de plans de protección colectiva, protocolos de seguridade con enfoque de xénero, mecanismos de atención interinstitucional, campañas de lexitimación pública, e informes para o sistema de DDHH, nacionais e internacionais.
Equipo de Estudios Comunitarios y Acción Social (ECAP)
Xeral: Contribuír á construción dunha contorna protectora e garante da defensa dos dereitos humanos en Guatemala, fortalecendo o tecido social e o rol das persoas defensoras e autoridades ancestrais dos pobos maias como actores crave para a democracia e a cohesión social.
Específico: Promover a protección integral e o respecto ao exercicio das persoas defensoras de DDHH, maioritariamente mulleres e novas, mediante o fortalecemento das súas redes territoriais, o acceso a mecanismos de atención psicosocial e legal no occidente de Guatemala.
RE 1.1 Fortalecer as capacidades individuais e colectivas das redes territoriais de persoas defensoras de DDHH e autoridades ancestrais, conformadas maioritariamente por mulleres, para garantir a súa protección e acción na defensa dos dereitos desde un enfoque de xénero, territorio e interculturalidade.
A.1.1.1 Taller de validación participativa das necesidades organizativas e de proteción identificadas e planificación estratéxica con redes e colectivos de persoas defensoras e autoridades ancestrais.
A.1.1.2 Desenvolvemento de 4 obradoiros de fortalecemento organizativo desde un enfoque feminista interseccional.
A.1.1.3 Deseño e validación colectiva de plans de acción e protocolos básicos de protección comunitaria con enfoque de xénero.
A.1.1.4 Desenvolvemento dun encontro nacional entre redes e colectivos de defensoras/es para o intercambio de experiencias e boas prácticas.
RE 1.2 Persoas defensoras de dereitos humanos, na súa maioría mulleres, acceden a servizos de atención e acompañamento psicosocial e legal, individual e colectivo, fortalecendo as súas capacidades de afrontamento e protección desde un enfoque de xénero, dereitos humanos e interculturalidade.
A.1.2.1 Atención psicosocial individual e/ou familiar culturalmente pertinente a defensoras e as súas familias.
A.1.2.2 Formación e acompañamento de grupos como apoio psicosocial comunitario con defensoras/es desde un enfoque feminista.
A.1.2.3 Asesoría legal e acompañamento en casos de criminalización, ameazas ou outras vulneracións de dereitos.
A.1.2.4 Desenvolvemento de 3 obradoiros de capacitación a institucionalidade pública sobre protocolos para a proteción a persoas defensoras criminalizadas.
RE 1.3 Implementadas estratexias de incidencia a nivel local e nacional para a defensa dos DDHH e proteción de persoas defensoras de dereitos.
A.1.3.1 Desenvolvemento de 2 obradoiros participativos para o deseño colectivo de estratexias de incidencia local e nacional desde un enfoque feminista e interseccional.
A.1.3.2 Desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre o rol das persoas defensoras de DDHH.
A.1.3.3 Desenvolvemento dun encontro de articulación con organizacións aliadas e institucións para o seguimento da política de proteción a persoas defensoras e do Acordo de Escazú.
A.1.3.4 Desenvolvemento dun festival colectivo polos dereitos humanos e a defensa do territorio e medio ambiente
A.1.3.5 Presentación de accións de incidencia ante autoridades locais e nacionais (COPADEH, Gobernacións, PDH etc.)
Directa: 145 (87 mulleres/nenas, 58 homes/nenos)
Indirecta: 1.500 (820 mulleres/nenas, 680 homes/nenos)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,0 € en 2026)