Proxectos

Proxecto para a mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala, Fase IV

O presente proxecto ten como obxecto a "Mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala", xerando as capacidades e recursos suficientes para garantir o acceso adecuado aos servizos de atención primaria en saúde e medicamentos esenciais na zona de intervención.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Champerico (municipio)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación de dous municipios do departamento de Retalhuleu na Costa Sur de Guatemala, atendendo á ampliación e mellora das súas condicións de acceso á saúde.
Obxectivo Específico: 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa sur de Guatemala melloran as súas condicións de acceso aos servizos básicos de atención primaria en saúde e medicamentos esenciais de calidade e baixo custo.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Mellorada a calidade e cobertura dos servizos de atención primaria en saúde, mediante a implementación de seis casas de saúde a través dun modelo de xestión complementaria entre a rede institucional do MSPAS e a Rede de Axentes Comunitarios de saúde en 17 comunidades pertencentes ao municipio de Champerico e Retalhuleu.
ActividadeS:
A.1.1.: Definición e análise do funcionamento e cobertura de atención das Casas de saúde en coordinación co Consello Micro Rexional e os axentes comunitarios de saúde.
A.1.2.: Coordinación coas instancias comunitarias e municipais para a articulación de recursos e proposta de funcionamento coordinado na xestión das Casas de saúde.
A.1.3.: Elaboración do Plan Xeral de funcionamento e definición de compromisos establecidos de cooperación para a xestión complementaria e funcionamento da Rede de Casas de saúde.
A.1.4.: Implementación dun plan coordinado de monitoreo e supervisión para garantir o adecuado funcionamento dos establecementos de saúde /Casas de saúde.
A.1.5.: Desenvolvemento dun plan IEC para a promoción dos servizos de atención en SSR e Saúde Materno Infantil mediante a estratexia de atención de Casas de saúde para a redución da mortalidade materna.
Resultado 1.2.: 17 comunidades melloran as súas condicións de acceso aos medicamentos esenciais mediante o fortalecemento do sistema de abastecemento e a regulación da Rede comunitaria de dispensación de medicamentos nos municipios de Retalhuleu e Champerico de acordo aos estándares de calidade establecidos polo MSPAS.
Actividades:
A.2.1.: Fortalecemento de catro ventas de medicinas.
A.2.2.: Fortalecemento de 17 botiquines comunitarios.
A.2.3.: Formación e capacitación sobre o uso razoado e adecuado dos medicamentos esenciais.
A.2.4.: Desenvolvemento e implementación dunha estratexia de sostenibilidade para a rede de Acceso de Medicamentos esenciais.
Resultado 1.3.: Fortalecido e promocionado uso da medicina natural como unha alternativa eficaz para o tratamento dos problemas de saúde mediante o desenvolvemento dun plan local de mellora da produción, procesado e a súa utilización en 17 comunidades pertencentes aos municipios de Retalhuleu e Champerico.
Actividades:
A.3.1.: Encontros municipais de intercambio de experiencia.
A.3.2.: Reunións de traballo cos COCODES para o desenvolvemento de ferramentas de mellora da xestión comunitaria en saúde.
A.3.3.: Desenvolvemento dun Plan de produción de plantas medicinais en 17 comunidades.
A.3.4.: Produción e procesamento artesanal de plantas medicinais en 12 Comunidades.
Resultado 1.4.: A Rede comunitaria de Axentes de Saúde mellora as súas capacidades e habilidades para a prevención e o tratamento de enfermidades comúns, o uso adecuado e racional dos medicamentos esenciais e brinda servizos de atención primaria coordinada coa rede institucional.
Actividades:
A.4.1.: Formación e capacitación a 34 promotores(as) de saúde.
A.4.2.: Promoción da labor realizada pola promotor/a de saúde e lexitimación por parte do Ministerio de Saúde.
A.4.3.: Fortalecemento da organización de comadroas tradicionais.
A.4.4.: Desenvolvemento de encontros de intercambio de experiencia entre comadroas tradicionais e promotores de saúde e persoal da rede pública de saúde.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Para o proxecto identificáronse como beneficiarias/os directas/os das accións, aos grupos e persoas que participarán na execución do proxecto nos seus diferentes niveis. En total contémplanse 4.119 persoas como beneficiarias directas da presente actuación.
Indirecta: A poboación indirectamente beneficiada confórmana o resto de poboación situada na área de influencia da actuación e que supón un total de 8.784 persoas.

Axudas: 

59174