Proxectos

PROXECTO PARA A PRESERVACIÓN DO BOSQUE SECO CHIQUITANO (BOLIVIA)

OBXECTIVOS

- Promover o desenvolvemento das poboacións locais a través do aproveitamento sostible do bosque na rexión chiquitana

-Garantir un maior reservorio local da biodiversidade dos bosques baixo un aproveitamento legal e sostible  

-Consolidar os eslabóns máis avanzados da cadea de valor agregado da madeira

ACCIÓNS

- Realización de talleres de sensibilización con produtores interesados en enriquecer as súas áreas forestais

- Organización de actividades de reforestación comunitaria (selección de áreas e especies, cronograma de plantación...) co apoio técnico e loxístico das Unidades Forestais Municipais

-Acopio en coordinación cos produtores/as forestais de sementes en suficente cantidade e variedade para comezar o programa de reforestación

- Implementación de viveiros nos municipios

- Prestación de asesoría técnica aos beneficiarios para as actividades de reforestación e silvicultura                                                                                                                                        

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Plan operativo AECID
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Velasco (provincia)
Santa Cruz (departamento)
Axentes: 
OTC BOLIVIA
Código CRS: 
43040 - Desenvolvemento rural
Axudas: 

68.000 EUROS