Proxectos
01/01/2009

PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

A través de diversas accións como seminarios e ciclos de conferencias sobre cooperación, proxectos de coñecemento da realidade (PCR) e o Fondo 0,7% preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construción dun mundo máis xusto
Período de execución: marzo – decembro 2009

Ano: 
2009
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Fomento de sensibilización cooperación ao desenvolvemento
Obxectivos: 

Sensibilizar ao estudantado e a sociedade en xeral da realidade dos países do sur e a importancia da cooperación para o desenvolvemento
Difundir as diversas actuacións en cooperación ao desenvolvemento que se están a realizar, introducindo a perspectiva de xénero
Aplicar de xeito práctico os coñecementos dos ámbitos de estudo dos universitarios para colaborar no desenvolvemento dos países do Sur e sensibilizar a poboación ao seu retorno
Impulsar actuacións investigadoras para a formación de cidadáns e cidadás conscientes das desigualdades e con capacidade para debater sobre solucións

Resultados e actividades: 

Ciclo de conferencias sobre a Introdución á cooperación para o desenvolvemento
Realización da convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR) a mediados de abril para os estudantes da UDC
Convocatoria Fondo 0,7% na Universidade da Coruña, proposta a través da que se financiará unha convocatoria de proxectos de investigación en cooperación ao desenvolvemento en setembro do 2009 para PDI da UDC

Poboación beneficiaria: 

Directa: Mozos/as universitarios/as, profesionais interesados/as no tema, profesores/as investigadores/as da universidade
Indirecta: Público xeral

Axudas: 

40.000 e