PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña é o servizo encargado de xestionar, de coordinar e de potenciar os ámbitos do voluntariado social e da cooperación para o desenvolvemento na Universidade da Coruña. A través de diversas accións preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construcción dun mundo máis xusto.
A Universidade da Coruña pretende converter a universidade nunha plataforma básica para formar a persoas conscientes co mundo en que vivimos onde as desigualdades son moi grandes e onde a cooperación para o desenvolvemento é unha ferramenta moi importante.
A sensibilización dentro da universidade é moi importante como complemento básico na formación académica dos estudantes. O curso de posgrao e o ciclo de conferencias créanse como unha ferramenta básica para formar ao público universitario, que é a canteira por excelencia de futuros profesionais que poden empregar as súas ferramentas e aprendizaxes para traballar no sur, que poden ser os futuros profesionais que xestionen as ONG ou poden ter unha ollada crítica en xeral nas súas vidas diarias.
Período de execución:
Data de inicio: 01-02 - 2010
Data de finalización: 31-01- 2010
Contribuír á mellora continua da cooperación para o desenvolvemento galega de xeito que as intervencións que xurdan desde esta comunidade redunden no beneficio das persoas máis desfavorecidas nos países do sur e promovan en último termo a loita contra a pobreza e as metas establecidas nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de Nacións Unidas.
1- Formación de expertos en cooperación ao desenvolvemento a través do curso de formación específica de posgrado “Cooperación Internacional ao Desenvolvemento e Xestión de Organizacións non Gobernamentais" (6ª Edición)
2- Ciclo de conferencias sobre a introdución á cooperación para o desenvolvemento
3- Curso de cooperación ao desenvolvemento e estadías no terreo en proxectos de cooperación
4- Realización da convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR)
5-Convocatoria Fondo 0,7%. Proposta a través da que se financiará unha convocatoria de proxectos de investigación en cooperación ao desenvolvemento.
- Directa: alumnado que participa no curso de formación específica de posgrao, no ciclo de conferencias e na convocatoria de PCR, así como o profesorado que participa na convocatoria de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
- Indirecta: organizacións e institucións galegas que traballan en cooperación e que contan entre os seus empregados con alumnos do curso ou cos alumnos beneficiarios do PCR así como os profesionais das ONGD que participan impartindo as charlas do ciclo de conferencias.
60000