PROXECTO SANITARIO NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUÍS
O obxectivo do proxecto consiste en mellorar o nivel de saúde e diminuír a mortalidade da poboación infantil que reside nos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf, de forma específica na wilaya de Smara.
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións sanitarias da poboación refuxiada saharauí garantindo un bo funcionamento do hospital de Smara e dos dispensarios diseminados nas diferentes wilayas.
De forma concreta preténdese apoiar a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación da poboación saharauí, prestando especial atención a poboación infantil comprendida entre 0 e 7 anos, as mulleres e as persoas maiores.
Período de execución: setembro 2010- decembro 2010
Ministerio de Cooperación e Media Lúa Vermella saharauí
Contribuír a mellorar as condicións sanitarias da poboación refuxiada saharauí.
- Compra, transporte e distribución do material sanitario e ortopédico.
- Formación do persoal sanitario local e atención sanitaria da poboación saharauí.
- Formación da poboación saharauí en temas de prevención, alimentación e coidado do neno.
- Atención sanitaria da poboación saharauí en especial as mulleres e os nenos.
Directa: a poboación situada na wilaya de Smara, con necesidade en materia de sensibilización en hixiene, salubridade e nutrición: unhas 46.000 persoas.
Indirecta: as dairas que se atopan ao redor e que pola súa proximidade poderán beneficiarse do proxecto sanitario, preto de 200.000 persoas asentadas nos campamentos de refuxiados.
87800