Proxectos

Proxecto Sembrando Futuro. Proxecto de fortalecemento da formación técnica agropecuaria sostible na rexión de Piura, mediante o impulso dos compoñentes de habilidades sociais, innovación e emprendemento e tecnoloxías da información, e a súa articulación pública e orientación ao mercado laboral para o desenvolvemento social, económico e ambiental da poboación do valle San Lorenzo, Piura (Perú), con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e adolescentes

 

O proxecto “Sementando Futuro” ten como fin mellorar a calidade da educación técnica agropecuaria no Val de San Lorenzo, rexión de Piura (Perú), mediante unha articulación efectiva entre actores públicos e privados. Traballarase directamente con 8 municipios escolares e 7 asociacións de mulleres, en coordinación coa Unidad de Gestión Educativa Local- UGEL de Tambogrande e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria (CEFOIT), para fortalecer procesos de desenvolvemento socioeconómico con especial atención a mulleres e mozas en situación de vulnerabilidade.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (rexión)
Axentes: 
FUNDACIÓN GALICIA INNOVA
Contraparte: 

 

Centro de Formación y Promoción para el desarrollo SOLIVIDA

Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11230 - Capacitación básica de mozos e persoas adultas
11330 - Formación profesional
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora da formación integral da poboación para o desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e adolescentes.

Específico: Mellorada a calidade da educación técnica agropecuaria sostible para mulleres e adolescentes do val de San Lorenzo - Piura, mediante o reforzo da súa articulación público-privada e o fortalecemento de 8 municipios escolares e 7 Asociacións de Mujeres, mellorando as capacidades dos seus estudantes de secundaria e docentes, así como das mulleres da rexión para o seu acceso ao mercado laboral

Resultados e actividades: 

RE1.1: Implementadas habilidades socioemocionais en 8 escolas e mulleres líderes de colectivos de mulleres, con incidencia nos seus pares.

            A 1.1.1: Talleres de habilidades socioemocionais con 25 adolescentes de 8 Municipios       Escolares e colectivo de mulleres.

            A 1.1.2: Talleres de participación cidadá con 25 adolescentes de 8 Municipios Escolares    e colectivo de mulleres.

            A 1.1.3: Talleres de igualdade de xénero con 25 adolescentes de 8 Municipios Escolares    e colectivo de mulleres..         

RE 1.2: Reforzada a formación técnica (FT) en 8 escolas rurais para o reforzo das competencias dos estudantes de secundaria.

            A 1.2.1: Implementación de 08 módulos de sanidade pecuaria (caixas de primeiros            auxilios) en 8 escolas.

            A 1.2.2: Implementación de 08 módulos de rego tecnificado en 8 escolas.

            A 1.2.3: Implementación de 08 módulos de sanidade vexetal en 8 escolas.

            A 1.2.4: Cartillas de sanidade pecuaria.

            A 1.2.5: Cartillas de rego tecnificado.

RE 1.3: Aseguradas as capacidades técnicas e habilidades socioemocionales de docentes e directivos de EESS técnica e CETPROS, no marco do impulso á formación técnica rural a nivel rexional.

            A 1.3.1: Taller virtual en Habilidades Socioemocionales para 65 docentes e directivos.

            A 1.3.2: Taller virtual en Emprendementos Sostibles para 65 docentes e directivos.

            A 1.3.3: Taller virtual en Xestión da auga para 65 docentes e directivos.

            A 1.3.4: Taller virtual en Marketing e Comercialización para 65 docentes e directivos.

            A 1.3.5: Formación técnica en sanidade animal con 35 docentes e directivos de 8 escolas.

            A 1.3.6: Formación técnica en sanidade vexetal con 35 docentes e directivos de 8 escolas.

            A 1.3.7: Formación técnica en rego tecnificado con 35 docentes e directivos de 8   escolas.

            A 1.3.8: Cartillas de emprendementos sostibles.

            A 1.3.9 Pasantía a experiencia innovadora educativa e produtiva.

RE 1.4: Fortalecidas 7 AAMM a través de capacitación técnica e social articulada ao CEFOIT, dotación de emprendementos innovadores e fomento da comercialización.

            A 1.4.1: Talleres en Habilidades Socioemocionales con mulleres.

            A 1.4.2: Talleres en Participación Cidadá con mulleres.

            A 1.4.3: Talleres en Ética e Igualdade de Xénero con mulleres.

            A 1.4.4: Formación técnica en sanidade animal con mulleres.

            A 1.4.5: Formación técnica en sanidade vexetal con mulleres.

            A 1.4.6: Formación técnica en rego tecnificado con mulleres.

            A 1.4.7: Formación técnica en TIC´s con mulleres.

            A 1.4.8: Implementación de 07 módulos de sanidade animal, 4 de sanidade vexetal e 4      de rega tecnificado en 7 Asociacións de mulleres

            A 1.4.9: Implementación de 03 módulos agropecuarios no CEFOIT (1 de sanidade             animal, 1 de sanidade vexetal e 1 de rego).

            A 1.4.10: Fortalecemento do CEFOIT a través da adquisición de 3 laptops para a   capacitación en liña e o deseño e desenvolvemento dunha plataforma de capacitación      en liña, así como a creación de intranet para almacenar e compartir materiais        educativos.

            A 1.4.11: Creación dun catálogo para a comercialización de produtos a través de   plataformas dixitais.

            A 1.4.12: Asesoramento a emprendedoras.

            A 1.4.13. Pasantía a experiencia innovadora produtiva e de comercialización.

            A 1.4.14. Desenvolvemento de 2 feiras para a comercialización de produtos.

RE 1.5: Consolidada a articulación público-privada mediante a dinamización da Mesa de Concertación Rexional e a creación da Rede de escolas secundarias técnicas do Val de San Lorenzo para a promoción da formación técnica rural.

            A 1.5.1. Desenvolvemento de talleres de organización da Mesa de Concertación    Rexional para a Formación Técnica.

            A 1.5.2. Desenvolvemento de talleres de elaboración do Plan de Traballo da Mesa de        Concertación Rexional para a Formación Técnica.

            A 1.5.3. Desenvolvemento de reunións de traballo da Mesa de Concertación Rexional        para a Formación Técnica.

            A 1.5.4. Organización dun taller para a creación dunha Rede de escolas secundarias         técnicas do Val de San Lorenzo, articuladas á UGEL Tambogrande.

            A 1.5.5. Visita a Experiencia Educativa do Val de San Lorenzo.

            A 1.5.6. Organización dunha feira rexional de Formación Técnica.

            A 1.5.7. Organización de dous eventos rexionais de Formación Técnica.

            A 1.5.8. Accións de difusión da proposta e avances en Formación Técnica.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1984 (1100 mulleres, 884 homes)

Indirecta: 4170 (2085 mulleres, 2085 homes)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

184.987,16 € (64.745,51€ en 2025 e 120.241,65€ en 2026)