Proxectos

PROXECTO SULADA: CONSTRUÍNDO NOVAS ALTERNATIVAS LABORAIS PARA AS MULLERES DE RIBEIRA GRANDE DE SANTIAGO

Formación para as mulleres a través da realización de tres cursos de formación para o emprego, complementados con obradoiros de igualdade, xénero e autoestima.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Illa de Santiago
Axentes: 
ASOCIACIÓN PARA A COOPERACIÓN CON CABO VERDE
Contraparte: 

ASOCIACIÓN PARA COOPERACIÓN CON CABO VERDE

Código CRS: 
11230 - Capacitación básica de mozos e persoas adultas
Obxectivos: 

Mellorar a calidade de vida das mulleres de Gouveia, Porto Mosquito e Cidade Velha mediante accións formativas que permitan a súa inserción laboral a través de iniciativas de autoemprego no sector emerxente do turismo e o seu empoderamento social.

Resultados e actividades: 

1. Curso de pano terra;
2. Curso de costura;
3. Curso de corte e deseño;
4. Investigación-acción sobre plantas curativas.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 52 mulleres das localidades de Gouveia, Porto Mosquito e Cidade Velha.
Poboación beneficiaria indirecta: Tendo en conta o tamaño medio dos agregados familiares (5 membros), os beneficiarios indirectos ascenden a 260 persoas, a maioría delas menores e dependentes. 

Axudas: 

25000