Proxecto te Chwinqlal (para a vida) para o acceso mellorado a auga e á súa gobernanza con enfoque de xénero, das 267 familias indíxenas, maioritariamente mulleres viúvas e solteiras, da comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada en Champerico, Guatemala
Este proxecto dá continuidade ao plan iniciado en 2022 de acompañamento á poboación centrado nos aspectos de gobernanza, xestión de riscos e habitabilidade. O plan atende o principal déficit e vulneración de dereitos identificada pola comunidade que é o acceso á auga, saneamento e a súa gobernanza, tendo en conta o impacto que esta vulneración supón nas condicións de hixiene, saúde, produtividade e seguridade alimentaria. Como parte deste proceso apoiouse a dotación dun punto de acceso auga comunitario seguro, a construción de sanitarios secos, sistemas domiciliares de saneamento de augas grises e comezouse coa construción dun sistema comunitario de abastecemento de auga que de servizo a todos os fogares. O presente proxecto dá continuidade a este traballo, completando a construción da rede de abastecemento e fortalecendo a gobernanza en auga, saneamento e hixiene, desde un enfoque de xénero. Neste sentido, o obxectivo específico do proxecto, aliñado co ODS 6, é: Garantir o acceso mellorado a auga e á súa gobernanza con enfoque de xénero, na comunidade Mam Cajolá, composta por 267 familias indíxenas, maioritariamente mulleres viúvas e solteiras, e recentemente asentada no municipio de Champerico, Guatemala.
Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Xeral: Contribuír a que a Comunidade Mam Cajolá, recentemente establecida no Municipio de Champerico sexa un asentamento humano inclusivo, seguro, resiliente e sostible.
Específico: Garantido o acceso mellorado a auga e a súa gobernanza con enfoque de xénero, na comunidade Mam Cajolá, composta por 267 familias indíxenas, maioritariamente mulleres viúvas e solteiras, e recentemente asentada no municipio de Champerico, Guatemala.
RE 1.1 A comunidade Mam Cajolá dispón dun sistema de abastecemento de auga potable que dá servizo ás 267 familias que a compoñen.
A.1.1.1 Tarefas preliminares para a construción da rede de abastecemento de auga comunitaria.
A.1.1.2 Execución, vixilancia e entrega do sistema de abastecemento de auga.
RE 1.2 Os titulares de responsabilidades comunitarios contan con capacidades técnicas, organizativas e administrativas para garantir a gobernanza con enfoque de xénero en auga, saneamento e hixiene.
A.1.2.1 Formación ao comité de auga, saneamento e hixiene en materia de: operación, mantemento e administración do sistema de abastecemento de auga; protección dos recursos hídricos; e control de calidade e tratamento para o consumo.
A.1.2.2 Intercambio de experiencias en materia de xestión dos recursos hídricos comunitarios.
A.1.2.3 Fortalecemento institucional de xénero desde a cosmovisión maya do comité de auga, saneamento e hixiene da comunidade Mam Cajolá.
A.1.2.4 Elaboración dun plan de sustentabilidade comunitaria en auga, saneamento e hixiene con enfoque de xénero.
A.1.2.5 Fortalecemento institucional ao Consello de Autoridades Comunitarias do Sur (CACS) sobre Dereito á auga e saneamento, e protección dos recursos hídricos.
RE 1.3 Xestionado, monitoreado, sistematizado, avaliado, xustificado e socializado adecuadamente, baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.
A.1.3.1 Actividades de xestión e coordinación xeral.
A.1.3.2 Fortalecemento institucional do socio local en materia de dereito á auga e ao saneamento, e enfoque de xénero.
A.1.3.3 Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización do proxecto.
A.1.3.4 Auditoría externa do proxecto.
A.1.3.5 Xustificación técnica e económica do proxecto.
A.1.3.6 Actividades de comunicación e socialización dos resultados do proxecto.
Directa: 971 (283 homes; 374 mulleres; 166 nenos; 148 nenas)
Indirecta: 17.287 (4.946 homes; 5.657 mulleres; 3.382 nenos; 3.302 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)