Proxectos

Proxecto Te Chwinqlal (para a vida) para o fortalecemento das capacidades de planificación e xestión participativa; e a mellora dos servizos básicos e a gobernanza en materia de hábitat, auga, saneamento e hixiene, desde un enfoque de xénero e inclusión, das 267 familias indíxenas, compostas maioritariamente por mulleres viúvas e solteiras da Comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala.

Este proxecto pretende dar continuidade e profundar no acompañamento que ASIAPRODI e ASF deron á Comunidade Mam Cajolá desde a súa conformación e asentamento no ano 2019. Este apoio céntrase en abordar os problemas estruturais relacionados coa capacidade de organización e planificación comunitaria; as condicións económicas; a gobernanza en hábitat, auga, saneamento e hixiene; e a falta de servizos básicos, que segue colocando ás familias nunha condición de forte vulnerabilidade.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)

Código CRS: 
12261 - Educación sanitaria
14032 - Saneamento básico
14081 - Educación e formación en abastecemento de auga e saneamento
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que a Comunidade Mam Cajolá, recentemente establecida no municipio de Champerico en Guatemala, sexa un asentamento humano inclusivo, seguro, resiliente e sostible.

Específico: Fortalecidas as capacidades de planificación e xestión participativa, e mellorados os servizos básicos e a gobernanza en materia de hábitat, auga, saneamento e hixiene, desde un enfoque de xénero e inclusión, das 267 familias indíxenas, compostas maioritariamente por mulleres viúvas e solteiras, da Comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Estruturas de goberno comunitarias e titulares de responsabilidades que lles dan apoio, acompañadas, asesoradas e fortalecidas en materia de bo goberno, planificación, capacidade institucional de xénero e gobernanza en hábitat, auga, saneamento e hixiene.

            A.1.1.1: Acompañamento e asesoría en materia de bo goberno ás estruturas comunitarias.

            A.1.1.2: Formación ás estruturas comunitarias para o fortalecemento institucional de xénero desde a cosmovisión maya.

            A.1.1.3: Consolidación do foro da mocidade na Comunidade Mam Cajolá.

            A.1.1.4: Formación dos promotores de hábitat da Comunidade Mam.

            A.1.1.5: Fortalecemento institucional do Consello de Autoridades Comunitarias do Sur (CACS) e de ASIAPRODI como titulares de responsabilidades que acompañan á Comunidade Mam Cajolá.

RE 1.2: 25 familias ou fogares da Comunidade Mam Cajolá en situación de maior vulnerabilidade, dispoñen dun sanitario seco ecolóxico para a adecuada xestión de excretas.

            A.1.2.1: Elaboración do proxecto de execución dos sanitarios secos ecolóxicos.

            A.1.2.2: Tarefas e xestións preliminares para a construción dos sanitarios secos ecolóxicos.

            A.1.2.3: Construción dos sanitarios secos ecolóxicos.

            A.1.2.4: Formación sanitaria sobre vivenda saudable e xestión de residuos.

RE 1.3: Xestionado, monitoreado, sistematizado, avaliado, xustificado e socializado adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.

            A.1.3.1: Actividades de xestión e coordinación xeral.

            A.1.3.2: Actividades de vixilancia de avances: liña de base e medición final con enfoque de xénero e inclusión.

            A.1.3.3: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización do proxecto.

            A.1.3.4: Auditoría externa do proxecto.

            A.1.3.5: Xustificación técnica e económica do proxecto.

            A.1.3.6: Actividades de comunicación e socialización dos resultados do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 806 (118 homes; 280 mulleres; 231 nenos; 177 nenas)

Indirecta: 7.800 (1.082 homes; 1.124 mulleres; 2.729 nenos; 2.865 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 185.000€ (74.000€ en 2023 e 111.000€ en 2024)