Proxecto Tipimal qman q'ij [A forza do avó sol]: Mellorando o acceso a unha alimentación sana, nutritiva e suficiente para a poboación en risco de inseguridade alimentaria das comunidades Mam de Cajolá e La Bendición (Guatemala), recentemente asentadas e conformadas maioritariamente por mulleres e poboación indíxena.
Este proxecto busca mellorar a seguridade alimentaria e nutricional das comunidades Mam Cajolá e La Bendición, en Retalhuleu, Guatemala, compostas maioritariamente por mulleres e indíxenas. Está centrado en tres áreas clave: acceso á auga, saneamento e alimentos. A través da instalación de sistemas de abastecemento de auga con enerxía solar, a construción de sanitarios e o fomento de hortas e granxas avícolas, pretende mellorar as condicións de vida da poboación. Ademais, fortalecerase a gobernanza local en seguridade alimentaria, con énfase na participación feminina.
Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Xeral: Contribuír á mellora do estado nutricional das persoas en risco de inseguridade alimentaria no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Específico: Mellorar o acceso a unha alimentación sana, nutritiva e suficiente da poboación en risco de inseguridade alimentaria e nutricional nas comunidades Mam Cajolá e La Bendición, recentemente asentadas e conformadas maioritariamente por mulleres e poboación indíxena.
RE 1.1. Melloradas as condicións de accesibilidade económica, estabilidade do servizo e sustentabilidade ambiental do sistema de abastecemento de auga de La Bendición.
A 1.1.1. Tarefas preliminares para a instalación do sistema de enerxía solar fotovoltaica.
A 1.1.2. Execución, seguimento e entrega da instalación do sistema de enerxía solar fotovoltaica.
A 1.1.3. Formación ao comité de auga, saneamento e hixiene (ASeH) sobre o uso e mantemento do sistema de enerxía solar fotovoltaica.
A 1.1.4. Elaboración do plan de sustentabilidade da instalación de enerxía solar fotovoltaica.
RE 1.2. Mellorada a produción de alimentos nutritivos e diversos para o autoconsumo en 70 fogares das comunidades Mam Cajolá e La Bendición.
A 1.2.1. Implementación do sistema de rego para hortas domiciliares agroecolóxicas.
A 1.2.2. Capacitación en prácticas de etnoveterinaria.
A 1.2.3. Ampliación dos corrales para as aves domésticas.
A 1.2.4. Acompañamento e seguimento ás familias na xestión das hortas e corrales.
A 1.2.5. Elaboración do plan de sustentabilidade da produción agropecuaria no fogar.
RE 1.3. Fortalecidas as capacidades das COCOSAN das comunidades Mam Cajolá e La Bendición para a prevención, detección e derivación aos servizos de saúde, dos casos de desnutrición das comunidades.
A 1.3.1. Seguimento do estado nutricional, detección e derivación de posibles casos de desnutrición.
A 1.3.2. Obradoiros de promoción da seguridade alimentaria e nutricional á poboación da comunidade.
A 1.3.3. Elaboración do plan de sustentabilidade comunitaria en materia de seguridade alimentaria e nutricional.
RE 1.4. Incluída a gobernanza local na xestión, seguimento, sistematización, avaliación e rendición de contas tanto do proxecto como do coñecemento xerado no mesmo.
A 1.4.1. Actividades de posta en marcha da execución do proxecto.
A 1.4.2. Actividades de coordinación e xestión do proxecto.
A 1.4.3. Actividades de seguimento e avances: liña de base e medición final con enfoque de xénero e inclusión.
A 1.4.4. Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización da experiencia.
A 1.4.5. Auditoría externa do proxecto.
A 1.4.6. Xustificación técnica e económica do proxecto.
A 1.4.7. Actividades de educación para a transformación social e a cidadanía global relacionadas cos resultados do proxecto.
Directa: 1121 (598 mulleres/nenas, 523 homes/nenos)
Indirecta: 281 (139 mulleres, 142 homes)
240.000,00 € (84.00,000 € en 2025 e 156.000,00 € en 2026)