Proxectos

REACTIV-ARTE: Reformulando o activismo. A arte como xerador de cambios

MPLICADAS defende o concepto do "artivismo" que implica que as persoas que están no mundo da cultura non só usan a súa capacidade de visibilización senón que se converten en partícipes dos procesos de transformación social, neste caso da man dos valores de IMPLICADAS nos que destaca sempre: o traballo en colaboración coas mulleres do Sur de igual a igual e dende o afán de coñecemento e solidariedade mutua, a incidencia na visibilización das mulleres como creadoras e como activistas nos seus propios contextos e en conexión, o valor das culturas propias fronte a homoxeneización das políticas neoliberais creadoras de pobreza e a vinculación do traballo artístico e cultural con cuestións máis amplas de dereitos humanos, a transformación do imaxinario colonial e a nosa visión das outras.
O proxecto pretende crear e afianzar en Galicia unha rede de artistas que actúen como altofalantes da visión e da misión de IMPLICADAS que sexan xeradoras/es de espazos de reflexión e que mobilicen a cidadanía na loita contra a pobreza e as desigualdades partindo dun coñecemento profundo da realidade, creando unha masa crítica acerca da cooperación ao desenvolvemento entendida como participativa, crítica e feminista.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Xerar procesos de participación e acción cidadá que reafirmen o vínculo entre desenvolvemento, xustiza e equidade.
Obxectivo Específico: Afondar na creación dunha rede de artivistas que actúen de altofalantes coherentes fronte a sociedade galega sobre as causas da pobreza e a Cooperación entendida como crítica, participativa e feminista.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Dotouse á cidadanía galega dunha nova ferramenta para a concienciación e acción sobre as causas da pobreza e as desigualdades vinculada a arte e expresión artística. O artivismo.
Actividades
A1.1.1: Encontro de artistas (Norte –Sur) cuxa intervencións impliquen denuncia e mobilización cidadá. Elaboración e lectura de manifesto.
A1.1.2 Xornadas reflexión crítica sobre cooperación e DDHH. A cargo de cada un/ha das/os artistas participantes.
A1.1.3: Obradoiros de intercambio cultural e artístico e aprendizaxe mutuo.
Resultado 1.2:. Logrouse afianzar o vínculo entre activismo, cultura e solidariedade como medio para o coñecemento, a reflexión crítica e a acción a prol da xustiza e a equidade Norte Sur. 10 anos do Ímplicate
Actividades
A1.2.1: Organización e realización do Festival Ímplicate 10 anos
A1.2.2: Elaboración de material sobre a importancia da cultura como ferramenta de transformación das raíces da pobreza
A1.2.3: Elaboración, gravación e presentación do CD de poemas musicados.
 

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 600 persoas, das cales 300 son mulleres e 300 homes.
Indirecta: Un total de 2.400 persoas, das cales 1.000 son mulleres, 200 nenas, 1.000 homes e 200 nenos. Deste xeito o proxecto ten previsto incidir sobre o colectivo de artistas e creadores galegas/os e está orientado á poboación galega en xeral.
 

Axudas: 

29.975€; 11.990 € (2014) e 17.985 € (2015)