Reactivación da protección civil saharauí
Esta proposta ten como obxectivo continuar o proxecto xa iniciado no 2018 e interrompido por mor da COVID-19. Este proxecto está centrado nos parques de bombeiros de Rabuni e Smara (construídos na anterior fase) co obxectivo de mellorar a súa capacidade de resposta nos campamentos saharauís ante crises de emerxencias.
Xeral: Facilitar o acceso da poboación refuxiada saharauí , ao dereito á seguridade da súa persoa e a protección dos seus bens.
Específico: Incrementada a seguridade da poboación saharauí e fortalecida a súa capacidade de resposta ante situacións de crises mediante a reactivación do servizo de protección civil aharauí nos campamentos de Rabuni e Smara.
RE 1.1 Persoal contratado dos parques formado en materias sanitarias, de protección civil e antiincendios.
A.1.1.1 .Selección de persoal
A.1.1.2. Formacions
RE 1.2. Parques de bombeiros dotados de materiais (camións, ambulancias, traxes, motobombas, extintores, etc) en bo uso para a atención en emerxencias.
A.1.2.1: Dotación de materiais
A.1.2.2: Reparación e mantemento dos materiais
R3. 1.3. Financiación sostible a longo prazo
A.1.3.1: Búsqueda de financiación pública saharaui
A.1.3.2: Desenvovemento de actividades propias
A.1.3.3: Fortalecer a relación coas persoas socias e donantes
A.1.3.4: Financiación de cooperación internacional
Directa: segundo os datos oficiais publicados por Acnur, en 2018 sería de 153.700 persoas (49% mulleres e 51% homes).
Indirecta: 19.500 persoas
Axuda Xunta de Galicia: 30.000 €