REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORTALECEMENTO EN MATERIA DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Promover a Educación para a Paz, os seus obxectivos, contidos e actividades como eixo transversal obrigatorio do currículo
-
Contribuír á formación inicial e permanente do profesorado. Divulgar valores cívicos e democráticos dunha Cultura de Paz proclamados pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Manifesto 2000 promovido polos premios Novel da Paz e a Asemblea Xeral de Nacións Unidas coa Declaración de Acción sobre Cultura de Paz de 1999. Realizar actividades culturais que fagan realidade estes valores nas aulas e na sociedade
- Formación específica do persoal voluntario e contratado da entidade mediante a celebración dun curso específico en Formación na Xestión das ONGD, impartido nos locais da entidade, así como a asistencia a outros cursos que se oferten en materia organizativa e de xestión das ONGD
- Elaboración do I Plan Estratéxico do SGEP para o período 2006-2010, coa constitución dun Grupo de Planificación e Estudo da Xunta Directiva, a aprobación das liñas básicas do proceso de colaboración e a metodoloxía de traballo e calendario de actuación
- Sensibilización e campaña de ampliación da base social das asociadas e asociados
23640