Proxectos

REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO MARCO DO PROXECTO DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL DOS PESCADORES ARTESANAIS DE CENTROAMÉRICA

OBXECTIVO: Apoiar a formación dos pescadores centroamericanos de xeito que coñezan o proceso de comercialización no sector da pesca artesanal e os distintos xeitos de introducir os produtos pesqueiros no mercado, así como familiarizarse coas posibilidades de asociacionismo que lles permita facer da pesca artesanal un factor de desenvolvemento das súas comunidades
 

ACCIÓNS: 1. Realización do “Seminario sobre a Primeira Venda e a Comercialización", dirixido aos representantes das administracións pesqueiras do istmo centroamericano cuio labor se centra na primeira venda e a comercialización pesqueira

A formación a impartir diseñarase cun enfoque teórico – práctico, favorecendo a involucración activa dos participantes, aplicando fundamentalmente a experiencia da Fundación Cetmar en materia de formación no sector da pesca e da acuicultura.

2.Elaboración e presentación do Plan de Pesca en Centroamérica para o período 2007 e 2010. Realizarase un encontro de dous días de duración en Guatemala coa finalidade de presentar o Plan e firmar os memorando de entendemento coas Administracións pesqueiras de cada un dos países que participan no Plan. Financiaranse as seguintes accións:
- Xestión e coordinación loxística do encontro para a presentación do Plan
- Contratación de gastos, billetes de avión, aloxamento e manutencióne seguros médicos dos participantes

Ver nova

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Antigua
Sacatepéquez (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Axudas: 

170.535 EUROS