REALIZACIÓN DE MATERIAIS AUDIOVISUAIS DE DIFUSIÓN DAS ACTIVIDADES DA COOPERACIÓN GALEGA NO EXTERIOR
Contribuir á concienciación da sociedade galega en materia de solidariedade e cooperación coas sociedades empobrecidas do Sur para propiciar o seu desenvolvemento
Preténdese achegar á sociedade galega a realidade dos países do Sur e implicala nos procesos de loita contra a pobreza e as súas causas mediante a difusión do traballo que a cooperación galega está a realizar nos países empobrecidos.
- Realización dunha reportaxe cunha duración máxima de trinta minutos sobre o proxecto de comedores populares desenvolvido pola ONGD Interpón Oxfam en Lima, o proxecto de desenvolvemento integral levado a cabo pola ONGD Escaes en Cutervo (Perú). O proxecto desenvolvido en Santa Lucía de Yocalla no departamento de Potosí en Bolivia pola ONGD Paz y Desarrollo é o terceiro dos proxectos que formará parte da reportaxe
- Elaboración de varias pezas dunha duración máxima de 3 minutos sobre aspectos concretos dos proxectos de cooperación que se visiten en Perú e Bolivia
- Emisión en horario de máxima audiencia da reportaxe elaborada na visita aos proxectos en Perú e Bolivia
- Emisión nos telexornais das pezas realizadas durante a viaxe
- Cesión dos dereitos sobre as gravacións para a súa difusión a través das ONGD implicadas nos proxectos do material gráfico obtido na visita aos proxectos
16000