Reconstrución e melloramento do sistema de auga potable da aldea Santa Rita do municipio de San Antonio Sacatepéquez, San Marcos. Guatemala.
O proxecto forma parte dun conxunto de accións derivadas do Plan de Desenvolvemento Municipal de San Antonio Sacatepéquez, así como dos plans de emerxencia e reconstrución xurdidos nas comunidades a raíz dos terremotos do 2012 e 2014. O proxecto intervén segundo tres eixes de acción: garantindo o acceso e a dispoñibilidade de auga potable mellorando a infraestrutura dispoñible; mellorando os hábitos de hixiene, saúde e uso dos recursos hídricos e fortalecendo o comité de auga comunitario e do servizo municipal competente.
Instituto de Formación e Investigación para la administración municipal y el fortalecimiento de la sociedad civil, MUNI-K´AT
Obxectivo xeral: Promover o exercicio do dereito humano ó auga e ao saneamento no municipio de San Antonio de Sacatepéquez, departamento de San Marcos, Guatemala.
Obxectivo específico: asegurar unha adecuada e equitativa provisión, uso e xestión do servizo de auga potable para a Aldea Santa Rita do municipio de San Antonio Sacatepéquez.
Resultado.1.1 Garantido o acceso e a dispoñibilidade de auga potable para as familias da Aldea Santa Rita do municipio de San Antonio de Sacatepéquez.
Actividades
A.1.1.1 Firma do convenio de execución do proxecto coa Municipalidade e a Comunidade.
A.1.1.2 Contratación da empresa construtora para as obras do sistema de auga.
A.1.1.3 Revisión e actualización do estudio técnico do sistema de auga.
A.1.1.4 Construción de 4 caixas para válvulas de control da presión do sistema de auga da aldea Santa Rita.
A.1.1.5 Substitución da rede principal de distribución do sistema de auga da aldea Santa Rita.
A.1.1.6 Construción de conexións domiciliares do sistema de auga da aldea Santa Rita.
A.1.1.7 Reparación de danos das rúas causados pola construción do sistema de auga da aldea Santa Rita.
A.1.1.8 Entrega do sistema de auga da aldea Santa Rita.
Resultado.1.2 Mellorados os hábitos de hixiene hídricos dos/as habitantes da aldea Santa Rita do municipio de San Antonio de Sacatepéquez.
Actividades
A.1.2.1 Realización dun obradoiro de sensibilización sobre hábitos hixiénicos e de uso adecuado/protección do recurso hídrico na aldea de Santa Rita.
A.1.2.2 Realización dun obradoiro sobre equidade de xénero na aldea de Santa Rita.
Resultado.1.3 Fortalecida a xestión comunitaria do servizo de auga potable da aldea Santa Rita do municipio de San Antonio de Sacatepéquez.
Actividades
A.1.3.1 Elaboración dun regulamento comunitario de auga potable e ferramentas melloradas de xestión do sistema de auga do comité da comunidade de Santa Rita.
A.1.3.2 Capacitación do Comité de xestión do sistema de auga da aldea Santa Rita sobre mantemento e administración do mesmo.
Directa: A poboación beneficiaria directa, son as 180 familias da Aldea de Santa Rita. Estas principalmente dedícanse á produción agrícola e viven nunha zona rural. Na súa maioría é poboación indíxena de etnia Mam. Total: 1.808 persoas.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta a compoñen os 19.108 habitantes do municipio de San Antonio Sacatepéquez que intervirán no apoio á reglamentación municipal respecto ao uso e mantemento dos sistemas de auga xestionados polos consellos comunitarios ademais de cimentar a política pública local relacionada coa preservación das fontes de auga e o seu entorno co cal tamén intervense no sector ambiental e territorial do municipio.
59.333,00 € (2015)