Rede de Eco Hortas Escolares
O proxecto Rede de Eco Hortas Escolares ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018/2019 e que no actual curso conta cun total de 11 centros educativos participantes a través de diferentes modalidades.
Xeral: Contribuído á conversión do proxecto de horta escolar nun proxecto de centro.
Específico: Melloradas as condicións para a sostibilidade dos proxectos de horta escolar nos centros educativos galegos.
RE 1.1. Identificados elementos clave para a integración dos proxectos de horta nos centros educativos galegos a medio e longo prazo.
A.1.1.1. Diagnóstico participativo das hortas escolares en Galicia.
A.1.1.2. Contacto e reunións de incidencia política ca administración galega.
A.1.1.3. Elaboración dun itinerario de integración e participación na Rede de Eco Hortas Escolares.
RE 1.2. Facilitadas ferramentas e espazos para a participación da comunidade educativa (especialmente familias) nos proxectos de hortas escolares da Rede.
A.1.2.1. Acompañamento aos grupos de familias e ANPAS voluntarias nas hortas.
RE 1.3. Consolidados os coñecementos e habilidades do persoal docente da Rede.
A.1.3.1. Apoio técnico para o desenvolvemento da horta nos centros escolares.
A.1.3.2. Seguimento dos recursos educativos e maleta pedagóxica.
Directa: 532 persoas beneficiarias de maneira directa, das cales 8 son homes, 24 mulleres, 200 nenos e 300 nenas.
Indirecta: 3.000 persoas beneficiarias de maneira indirecta, das cales 1.800 son nenos e 1.200 son nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 23.795,50 € (2021: 9.518,20 € ; 2022: 14.277,30 €)