Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares , unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018/2019 e que no actual curso conta cun total de 10 centros educativos participantes.
O obxectivo específico do proxecto é mellorar as condicións para a sustentabilidade dos proxectos de horta escolar nos centros educativos galegos. Deste xeito, na presente proposta búscase complementar algunhas áreas de actuación da Rede a través da posta en práctica dun itinerario de integración na Rede para novos centros, a través do Plan Proxecta e avaliación da súa idoneidade en todas as compoñentes incluídas (apoio técnico, formación a docentes e posta en práctica de recursos educativos con enfoque de cidadanía global); e a consolidación e mellora dos espazos de construción colectiva e intercambio de experiencias da Rede (para docentes e familias).
Xeral: Contribuído á conversión dos proxectos de hortas escolares en proxectos de centro
Específico: Melloradas as condicións para a sustentabilidade dos proxectos de horta escolar nos centros educativos galegos
R.1. Xerado un programa educativo oficial galego que facilite elementos clave para a integración dos proxectos de horta nos centros educativos galegos a medio e longo prazo
A.1.1. Posta en marcha e seguimento da integración da Rede de Eco Hortas Escolares no Plan Proxecta
R.2. Xerados espazos comúns e de intercambio de experiencias entre a comunidade educativa na Rede de Eco Hortas Escolares
A.2.1. I Encontro da Rede de Eco Hortas Escolares
R.3. Mellorados os recursos (técnicos e educativos) a disposición dos centros galegos para a consolidación e fortalecemento das hortas escolares
A.3.1. Apoio técnico (adaptado á experiencia previa dos centros participantes) para a planificación e o desenvolvemento das hortas
A.3.2. Acompañamento aos 5 grupos de familias e ANPAS voluntarias nas hortas
Directa: 734 persoas, das cales 10 son homes, 24 mulleres, 280 nenos e 420 nenas. (9 docentes mulleres do CEIP da Rede de Eco Hortas Escolares; 5 docentes –3 mulleres e 2 homes– dos 5 centros que se integrarán na Rede a partir do curso 22/23 grazas á súa participación no Plan Proxecta; 700 alumnos – 420 nenas e 280 nenos – de Educación Infantil e Primaria dos 14 centros participantes; e 20 persoas das ANPAS e familias dos centros participantes na Rede).
Indirecta: 2.800 persoas, dos cales 1.120 son nenos e 1.680 nenas, (Alumnado dos centros que participarán na Rede Eco Hortas Escolares –200 alumnos de media por cada centro–).
Axuda Xunta de Galicia:
28.121 € (11.248,40 € en 2022 e 16.872,60 € en 2023)