Proxectos

Rede de Eco Hortas Escolares

A proposta ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sostibles. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, co obxectivo específico de mellorar as condicións para a sostibilidade dos proxectos de horta escolar nos centros educativos galegos. As actuacións propostas inciden especialmente en colectivos con alta capacidade de réplica (docentes, familias,....) e combinan diferentes dimensións da EpD (sensibilización, formación e participación e mobilización social).

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
31181 - Ensino / formación agraria
41081 - Educación / formación medioambiental
Obxectivos: 

Xeral: Contribuído á conversión dos proxectos de hortas escolares en proxectos de centro.

Específico: Fortalecidas as condicións para a sostibilidade dos proxectos de horta nos centros educativos da Rede de Eco Hortas Escolares.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Aplicadas propostas piloto, adaptadas á realidade dos centros da Rede, para contribuír á integración dos seus proxectos de horta.

A.1.1.1 : Implementación de propostas para a integración da horta a nivel de centro en centros veteranos da Rede.

A.1.1.2 Liña de base para a medición do gran de integración das hortas a nivel de centro entre os centros veteranos seleccionados.

RE 1.2 Xerados espazos de participación para o intercambio de experiencias de referencia entre a comunidade educativa dos centros da Rede.

A.1.2.1 Visitas ás hortas dos centros da Rede.

A.1.2.2  II Encontro da Rede.

RE 1.3 Mellorados os recursos (técnicos e educativos) a disposición dos centros da Rede para a consolidación e fortalecemento das hortas escolares.

A.1.3.1 Apoio técnico (adaptado á experiencia previa dos centros participantes) para a planificación e o desenvolvemento das hortas.

A.1.3.2 Acompañamento aos 5 grupos de familias e ANPAS/AFAS voluntarias nas hortas.

A.1.3.3 Continuidade da Rede de Eco Hortas Escolares no Plan Proxecta.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 10 homes 29 mulleres 280 nenos 420 nenas = 739 persoas

Indirecta: 1680 nenos 1120 nenas = 2.800 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.617,50€ (12.247€ en 2023 e 18.370,50€ en 2024)