Rede de Eco Hortas Escolares
Este proxecto ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo que naceu no curso 2018/2019 e que conta cun total de 14 centros educativos participantes. Logo de 6 cursos escolares ofrecendo apoio técnico no desenvolvemento das hortas, capacitación en agroecoloxía escolar a docentes e ANPAS dos centros, e recursos educativos con enfoque de cidadanía global, faise preciso buscar o fortalecemento e a sustentabilidade da rede. A intervención busca levar a cabo este fortalecemento a través de:
- A consolidación da rede no Plan Proxecta e avaliación da súa idoneidade.
- O aumento e mellora dos espazos de construción colectiva e intercambio de experiencias da Rede.
- A mellora da incidencia e a coordinación dos proxectos de horta dentro dos centros, a través dun novo sistema de seguimento a nivel claustro e/ou equipo directivo.
- A posta en marcha e avaliación dos recursos educativos elaborados polos 2 centros piloto no curso 23/24 para a integración da horta a nivel centro.
Xeral: Contribuído á conversión dos proxectos de hortas escolares en proxectos de centro
Específico: Fortalecidas as condicións para a sostibilidade dos proxectos de horta nos centros educativos da Rede de Eco Hortas Escolares
RE 1.1 Avaliado o impacto das 2 propostas piloto iniciadas no curso 23-24 para a integración dos proxectos de horta en 2 centros da Rede.
A.1.1.1 Seguimento da aplicación dos recursos educativos elaborados polos 2 centros piloto no curso 23/24.
RE 1.2 Xerado un sistema de coordinación e seguimento a nivel da Rede para transversalizar e visibilizar a horta nos centros escolares.
A.1.2.1 Implementación dun sistema (piloto) de coordinación e seguimento cos centros da Rede
RE 1.3 Xerados espazos de participación para o intercambio de experiencias de referencia e o traballo conxunto entre a comunidade educativa dos centros da Rede
A.1.3.1 Saídas educativas a proxectos agroecolóxicos de referencia (Plan Proxecta)
A.1.3.2 III Encontro da Rede
RE 1.4 Mellorados os recursos docentes (con enfoque de educación para a cidadanía global) e as capacidades das familias para a consolidación e fortalecemento das hortas escolares
A.1.4.1 Acompañamento a grupos de familias e ANPAS/AFAS voluntarias nas hortas
A.1.4.2 Apoio técnico para a planificación e o desenvolvemento das hortas
A.1.4.3 Continuidade da Rede de Eco Hortas Escolares no Plan Proxecta
A.1.4.4 Explorar colaboración universitaria para reforzar a integración do enfoque de cidadanía global nos recursos educativos
Directa: 739 (10 homes, 29 mulleres; 280 nenos; 420 nenas)
Indirecta: 2.800 (1.120 nenos; 1.680 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
27.925 € (11.170 € en 2024 e 16.755 € en 2025)