Proxectos

Rede de Eco Hortas Escolares

O proxecto ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.Trabállase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, na que participan 14 centros educativos.

A intervención céntrase en fortalecer as condicións para a sustentabilidade dos proxectos de horta nos centros desta rede: coa consolidación da integración da Rede no Plan Proxecta, o aumento e mellora dos espazos de construción colectiva e intercambio de experiencias, a mellora da incidencia e a coordinación dos proxectos de horta dentro dos centros e a ampliación das alianzas ao externo da Rede.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuído á conversión dos proxectos de hortas escolares en proxectos de centro

Específico: Fortalecidas as condicións para a sustentabilidade dos proxectos de horta nos centros educativos da Rede de Eco Hortas Escolares

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Consolidado un sistema de coordinación e seguimento a nivel da Rede para transversalizar e visibilizar a horta nos centros escolares

A.1.1.1 Continuidade e ampliación do sistema de coordinación e seguimento cos centros da Rede

RE 1.2 Xerados espazos de participación para o intercambio de experiencias de referencia e o traballo conxunto entre a comunidade educativa dos centros da Rede

A.1.2.1 Proxecto de investigación e ciencia cidadá

A.1.2.2 Encontro da Rede

A.1.2.3 Acompañamento a grupos de familias e ANPAS/AFAS voluntarias nas hortas

A.1.2.4 Participación da coordinación da Rede de Eco Hortas na Red Estatal de Agroecología y Cultura Alimentaria Escolar

RE 1.3 Mellorados os recursos docentes (con enfoque de educación para a cidadanía global) para a consolidación e fortalecemento das hortas escolares

A.1.3.1 Identificación e socialización de boas prácticas sobre actividades con enfoque de cidadanía global nas hortas escolares

A.1.3.2 Apoio técnico para a planificación e o desenvolvemento das hortas

A.1.3.3 Continuidade da Rede de Eco Hortas Escolares no Plan Proxecta

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 814 (494 mulleres/nenas, 320 homes/nenos)

Indirecta: 2.800 (1.680 mulleres/nenas, 1.120 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

32.783,55 € (13.113,42 € en 2025 e 19.670,13 € en 2026)